martes, 11 de septiembre de 2012

XSG-Ferrol: “A subida do IVE cultural aplasta a artistas, creadores e público”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse no día de hoxe á campaña promovida pola organización a nivel federal baixo o lema “No al IVAzo cultural” para denunciar que a subida de 13 puntos do IVE cultural é “un atentado do Partido Popular a un dos tesouros máis valiosos de calquera país: a creación, a conciencia crítica e a innovación que levan aparelladas as creación artísticas.”
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza “a subida do IVE aos produtos culturais supón un dobre ataque da dereita ao mundo artístico: por unha banda, un ataque aos creadores, artistas e á súa capacidade de difundir a súa obra, algo que nunca gustou á dereita polo que supón de innovación e de espertar das conciencias críticas; e por outra banda é un ataque á cidadanía, ao vetarlles o acceso á cultura, como parte de formación e de diversión precisa para calquera ser humano e para o enriquecemento común da sociedade”. “Esta subida do IVE ten – agregou- un claro sesgo ideolóxico e non responde a unha medida anti-crise como nos quere facer ver o Goberno de Mariano Rajoy”.
“Os socialistas demostramos, coa proposta de Alfredo Pérez Rubalcaba e do PSOE sobre o gravame aos premios da Lotería que hai alternativas que se poden aprobar antes que subir o IVE cultura nin escolar, pero a dereita viu na crise escusa barata para atacar un mundo co que nunca estiveron cómodos e que sempre quixeron amordazar” – aseguraron dende a Organización.
Os mozos/as socialistas remarcaron que “España demostrou a capacidade dos seus creadores nas diferentes disciplinas, unha calidade que nos fai brillar con luz propia, pero que a dereita se empeña en minusvalorar e non recoñecer”. “Subir o IVE cultura – concluíron- é atentar contra a marca España e contra a imaxe do noso país no seu contexto cultura e este atraso ten nome e apelidos no Partido Popular, e na persoa do ministro Wert, que se converteu no malo da película de auténtico terror para quenes traballan na cultura do noso país.”

No hay comentarios: