viernes, 7 de septiembre de 2012

As XSG-Ferrol solicitan ao PP que non condene ás vindeiras xeracións a unha mendicidade estudantil


As Xuventudes Socialistas Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse á campaña de recollida de material que deu comezo a Organización a nivel federal hai uns día pola importancia que ten este tema e pola repercursión que vai a ter esta medida en moitas familias ferrolás.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, explicou que “a campaña, baixo o lema “NO al IVAzo escolar”, pretender recoller material para destinalo ás familias con máis apuros económicos que, dada a subida do 4 ao 21% nesta clase de produtos, non poden proporcionar aos estudantes o material preciso.”
Para Bouza “a subida do IVE aplicada polo Goberno supón profundizar no erro que vén cometendo o Partido Popular na xestón da crise: retallar os gastos e, no que se refire a ingresos castigar a quenes máis débiles se atopan economicamente.”
Os mozos/as socialistas de Ferrol informaron que dende Juventudes Socialistas de España pediuse ao PSOE que “estude presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a medida, que ameaza a gratuídade do ensino e que ten un afán confiscatorio ao aplicar un gravame inxustificadamente elevado a bens asociados ao exercizo dun dereito fundamental, que ficaría completamente limitado para parte da cidadanía.”
Dende a organización engadiron que “a subida do IVE ao material escolar en 17 puntos supón un atentado segregador que pode xerar unha brecha educativa profunda entre o alumnado cuxas familias poidan aguantar a subida e os alumnos aos que as súas familias non poidan ofrecerlles un material similar ao dos seus compañeiros/as de clase.” “Esta brutal subida conlevará un custe medio de 640€ por neno/a máis nos gastos asociados á volta ao cole, segundo datos da OCU, o que supón unha mostra clara do ataque continuo do Partido Popular aos dereitos fundamentais”
Dende a formación salientaron que “Ante esta medida regresiva e ante o grave perigo que supón para moitas familias, non podemos permanecer á marxe, polo que imos a implicarnos xunto con toda a nosa Organización nesta campaña para paliar os efectos desta subida do IVE e para axudar ás familiar que peor o están a pasar nesta crise.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol defendeu que “ante o “IVAzo” do Partido Popular, o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, propuxo medidas serias, responsables e comprometidas coas necesidades dos cidadáns. Estas medidas céntranse en dúas liñas fundamentais: o incremento da contía das axudas para libros de texto, material escolar e comedores escolares e a suba do nivel da renda mínima para acadar axuda para este material e servizo.”
Dende a organización explicaron algunhas das propostas do PSdeG nesta materia, entre as que destacan “os libros de texto gratuítos para os alumnos/as cuxas familias teñan rendas mensuais menores de 1.000€”. Así como que “a Xunta asuma a suba do IVE nos comedores escolares, para que non repercuta non prezo que pagan os neno/as por comer neles.” Para finalizar, felicitaron a Pachi Vázquez pola proposta da supresión dos concertos cos centros que segregan por razón de sexo, xa que segundo consideraron “non podemos tolerar que no Estado democrático que nos atopamos, siga habendo tales ataques á igualdade das persoas que o único ao que nos levan é a retroceder a séculos pasados”.
O secretario xeral considerou como “completamente acertadas todas as propostas do candidato socialista que denotan que o noso Partido pescuda unha mellora social dos cidadáns, xa que escoita as súas demandas e pon solucións aos seus problemas”. “Todas estas médidas son básicas e fundamentais para seguir garantindo os servizos públicos e a igualdade de oportunidades entre todos os cidadáns que ven atacados os seus dereitos coa súbida dun imposto completamente inxusto como é IVE que grava por igual aos ricos e aos pobres” engadiu Bouza.
A campaña que presentaron no día de hoxe xa está pendurada nas redes sociais e animaron a toda a cidadanía “a achegar o seu grao de area e a espallar esta campaña a través de todos os medios.” Puxeron a disposición da cidadanía o seu correo electrónico (xsgferrol@gmail.com) para que aquelas persoas que poidan contribuír con material escolar se poñan en contacto con eles.

No hay comentarios: