lunes, 1 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol denuncian que o PP quere impor a súa particular moral na reforma do aborto


As Xuventudes Socialistas de Ferrol denuncian hoxe que o intento do Partido Popular de reformar a actual regulación da interrupción voluntaria do embarazo (aprobada polo PSOE e que instauraba un sistema de prazos) supón “unha regresión nos dereitos das mulleres no noso país, a imposición da moral particular do PP a toda a cidadanía e unha falta de respecto á pluralidade política consagrada na Constitución”.
Para as XSG-Ferrol, “o PP contempla un modelo de muller arcaico, co que estamos en completo desacordo, un modelo no que as mulleres non poden tomar decisións con autonomía e liberdade”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegurou que “mentres que a Lei da Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE era unha lei preventiva, que pretendía evitar embarazos non desexados, que garantía seguridade na atención sanitaria e seguridade xurídica, o PP aposta por normas de represión, considerando ás mulleres como incapaces de decidir por si mesmas e tratándoas como delincuentes”.
O que realmente quere o PP é que as mulleres deban seguir responsabilizándose do coidado dos fillos e fillas, dos roles do fogar – afirmaron dende a Organización – en tanto que os socialistas queremos seguir na loita constante pola consecución dunha igualdade real, efectiva, que elimine teitos de cristas, brecha salarial, que concilie a vida laboral e familiar con corresponsabilidade, algo que demostramos coa Lei de Igualdade e coa Lei de Saúde Sexual e que hoxe o PP pon en perigo antepoñendo crenzas particulares a evidencias científicas, mostrando o seu lado máis ultraconservador
Os mozos/as socialistas aseguraron que “as intencións do ministro Gallardón de reformar a regulación do aborto antes de que remate o ano só se asentan na imposición da súa moral particular ao conxunto da cidadanía, deixando de lado os dereitos das mulleres, as cifras de embarazos non desexados e o respecto ás crenzas do resto da sociedade”. “En definitiva – concluíron- Gallardón leva á lei a súa propia moral e iso ten un nome: fundamentalismo”.

No hay comentarios: