martes, 30 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol critican que UPyD e PP apoien a xestión de Wert ao rexeitar a reprobación do ministro proposta polo PSOE


As Xuventudes Socialistas de Ferrol piden ao Goberno que “de unha vez por todas faga caso á cidadanía e paralice a reforma educativa, os retallos en educación e expulse a José Ignacio Wert do Executivo”.
Por outra banda, as XSG-Ferrol critican con dureza a decisión de UPyD e PP de rexeitar a reprobación do ministro de educación, cultura e deporte, proposta polo PSOE e apoiada polo resto de grupos parlamentarios.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, destacou que “só por ter retallado, en menos dun ano, 5.200 millóns de euros en educación, o ministro Wert debería ter presentado xa a súa dimisión” - e engadiu que - “non consentiremos que os plans de Rajoy se cumplan: que Wert aprobe a peor reforma educativa da historia primeiro e despois marche”.
Neste senso, para Bouza “é inxustificable que o Goberno estea retallando en todo aquello que asegura a cualidade da educación pública e a igualdade de oportunidades dos estudantes: bolsas, axudas, profesores/as, infraestruturas e investigación”.
Ante o rexeitamento de UPyD e PP á reprobación de Wert proposta polo PSOE no Congreso dos Deputados, os mozos/as socialistas afirmaron que “apoiar á dereita en algo tan imcomprensible como isto é ser a dereita”, - e engadiron que- “mentre o PP e UPyD apoien ao peor ministro de educación da historia, o resto de grupo parlamentarios, co PSOE á cabeza, esixen a súa dimisión”.
Dende a organización engadiron que “o Partido Popular e UPyD lle fan un flaco favor ao noso país apoiando que o ministro siga no seu cargo: porque o naufraxio ao que Wert levou ao Ministerio de Educación supón un futuro incerto para milleiros de mozos/as e, con elo, un país que se recuperará peor da crise económica”.
Por último, o secretario xeral das XSG-Ferrol referiuse tamén ao plantón que comunidade educativa realizou esta mesma mañá no Consello Escolar do Estado ante o debate do anteproxecto da LOMCE: “que estudantes, docentes e pais/nais dean plantón ao Ministerio o di todo sobre a reforma educativa que pretende converter o ensino nun sistema elitista, segregador e pouco democrático”.

No hay comentarios: