jueves, 18 de octubre de 2012

XSG-Ferrol: “O único camiño posible é que Wert presente a súa dimisión, se paralicen os retallos e se retire a lei”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol únense a petición de retirada inmediata do anteproxecto da LOMCE ao considerala “unha contrarreforma educativa que segrega dende pequenos aos alumnos/as e devólvenos á escola franquista”. Así mesmo, as XSG-Ferrol esixen a paralización dos retallos en educación e a dimisión inmediata do ministro Wert, xa que asegura que “é o hooligan do Goberno e o ministro que non se representa nin a si mesmo”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “non se pode consentir que o goberno do PP desmantele o ensino público nun só ano e agora nos queira vender que se vai a reformar cunha lei que supostamente mellora a cualidade educativa: eso é demagoxia e mentira”. Ademais, destacou que “as mobilizacións non farán máis que crecer con Wert, os seus retallos e a súa Lei porque dinamitan o ensino público e as oportunidades dos que menos teñen”.
Bouza asegurou que “o empecinamento do ministro en desmantelar o sistema educativo tal e como o coñecimos vai a ser a causa de aumentar aínda máis a desconexión do ministro coa comunidade educativa, e isto só vai a remediarse coa retirada da lei, dos retallos e do ministro”. “Os pais – asegurou – van a enviar tranquilos aos seus fillos á escola cando Wert marche para a súa casa”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol anunciou que a súa organización participou e participará nas protestas e manifestacións contra Wert “para acabar cos retallos en educación e co peor ministros de educación da nosa historia”.
Por outra banda, dende a organización referíronse tamén ás declaracións do Obispo de San Sebastián, José Ignacio Munilla, que considera unha “emerxencia educativa” o ateísmo xuvenil, ao que Bouza constestou que “supoñen unha afirmación máis da intención dos sectores ultraconservadores de reimplantar o nacionalcatolicismo nas escolas, a base de ministros que queren españolizar estudantes e obispos que queren sacarlles do ateísmo”. “Todo isto soa – concluíu- á educación doutros tempos de triste lembranza, polo que só nos queda pedir tanto ao ministro como ao obispo que se mentalicen de que España é un país de respeto ás crenzas de cada persoa, é dicir, un Estado de Dereito, democrático”.
Para finalizar, os mozos/as socialistas expuxeron que “as políticas do ministro son idénticas as que xa comezou o Sr. Núñez Feijoo en Galicia e que de non pararlle os pés o vindeiro 21 de outubro veremos como siguen atacando ao ensino público dende o ministerio, pero tamén dende a Xunta de Galicia”. Ante isto, o secretario xeral animou aos mozos/as galegos e ferrolás “a empregar a ferramenta máis forte en democracia: o voto, para que o cambio en Galicia se faga efectivo e darlle un toque de atención ao goberno de Rajoy para que paren todos os estes ataques ao ensino público.

No hay comentarios: