sábado, 6 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol presentan un video no que mostran as mentiras de Feijoo durante estes catro anos


As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron no día de onte a campaña moza que levarán a cabo para estas elección autonómicas. Segundo indicaron dende a organización “esta campaña estará composta por varios carteis e videos aos que lles daremos difusión polas redes sociais e mediante os cales queremos demostrar á cidadanía e sobre todo aos máis mozos/as que Galicia precisa un cambio urxente para seguir garantindo o Estado de Benestar”.
A nosa campaña tamén constará dun acto principal mozo no que contaremos coa presenza do candidato á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez e os candidatos números 1 e 3 pola provincia da Coruña, Francisco Caamaño e Beatriz Sestayo, co fin de que toda a mocidade ferrolá poida consultar de primeira man as súa dúbidas sobre o noso programa electoral” informou o secretario xeral.
Os mozos/as socialistas explciaron que “neste primeiro video mostrámoslle á cidadanía a verdadeira cara de Feijoo e do seu partido co incumprimento das promesas ante as cales o propio Feijoo se puxera como aval persoal”. “Cremos que é fundamental que a mocidade saiba cal é o compromiso do Partido Popular coa cidadanía, para a continuación no seguinte video que presentaremos, expoñer as nosas propostas de cambio que tanto precisa Galicia e os galegos e galegas para seguir mantendo o Estado de Benestar” engadiron.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, acusou ao candidato do PP, Núñez Feijoo, de ser “un mentiroso compulsivo” e que se “aproveita destas eleccións para prometer todas esas cousas que despois non só non vai a cumprir, senón que fará todo o contarrio, do mesmo xeito que fixo o seu homólogo, o Sr. Rajoy, nas eleccións xerais”
Para as XSG-Ferrol, “Pachi Vázquez presenta un proxecto serio e comprometido cos galegos e galegas, no que quere garantir que todos e todas sigamos sendo cidadáns de primeira e que ninguén fique excluído desta sociedade por ter menos recursos” “Os e as socialistas temos claro que existen unha liñas vermellas que non se poden pasar e nestas estan a educación, a sanidade e os servizos sociais que o PP está aplastando por completo”.

No hay comentarios: