lunes, 29 de octubre de 2012

XSG-Ferrol: “Novas Xeracións actúa cun cinismo incurable ante os Orzamentos Xerais”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol consideran que as Novas Xeracións do PP realizaron un exercizo absoluto de cinismo, a xulgar por como vén os Orzamentos Xerais do Estado.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “só en educación, os orzamentos de 2013 supoñen un retallo de 3,8% en bolsas; entre os Orzamentos de 2012 e 2013, as bolsas Erasmus sufriron un retallo por parte do PP do 75%; e dende que o PP chegou ao Goberno se retallaron un total de 5.200 millóns de euros en educación”.
En opinión dos mozos/as socialistas “que a presidenta de Novas Xeracións tilde de “aposta pola mocidade española” aos Orzamentos máis antisociais que entraron xamais no Congreso, supón actuar cun cinismo incurable”.
Novas Xeracións basea esa suposta aposta pola mocidade en cifras destinadas ao programa Xuventude en Acción ou no financiamento ao Consello da Mocidade, pero afórranse opinar sobre multitude de cifras que supoñen verdadeiras labazadas aos mozos/as deste país” -engadiron.
Ademais – afirmaron dende a Organización – as Novas Xeracións pasan por alto a desaparición da Renda Básica de Emancipación, ou se cala a solemne incapacidade do Partido Popular, de Mariano Rajoy, Feijoo e Rey Varela para impulsar orzamentariamente políticas activas de emprego que reduzan o paro xuvenil”.
Nin sequera as partidas que destacan supoñen algo favorable para a xestión do PP: o Consello da Xuventude perdeu un 17% do orzamento en dous anos e o Instituto da Mocidade perdeu xa un 9% do seu orzamento dende 2011” - asegurou Bouza.
En resumo – concluíron – Novas Xeracións e a súa presidenta padecen un cinismo que resulta incurable, porque hai que ser moi cínico para dar por bos para a mocidade os Orzamentos para 2013 que presenta o PP e para calar unhas cifras que supoñen pór aos mozos/as españois comos as principais vítimas das contas públicas para o vindeiro ano.

No hay comentarios: