miércoles, 24 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol afirman que o Código Penal que propón o PP “é unha involución en dereitos”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol alertaron hoxe sobre a reforma do Código Penal en particular, e sobre o conxunto de reformas que presenta o ministro Gallardón en xeral, xa que ao seu xuízo supoñen “unha involución en dereitos”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “o Partido Popular dá un paso máis nos seus retallos, esta vez aos dereitos de cidadanía: as reformas que presentan o PP e o ministro Gallardón sitúan a España ao borde do abismo no que se refire a garantes das que goza a cidadanía en todo o Estado de Dereito”.
Bouza asegurou que “por unha banda, a reforma do Código Penal que presenta o PP non cumpre unha mínimas garantías constitucionais, supón un ataque directo á seguridade xurídica, está chea de termos de apreciación subxectiva e iso leva aparellada unha absoluta arbitrariedade, sen contar con que priva á cidadanía da tutela xudicial efectiva, un dos dereitos fundamentais máis básicos. Todo elo fai – asegurou- que nos atopemos ante unha reforma incompatible coa nosa Constitución”.
Por outra parte – continuaron dende a organización– o ministro Gallardón xa anunciou a reforma da regulación da interrupción do embarazo, e supón retrotraer ao noso país aos anos 80 e ter unha das regulacións máis restritivas da Unión Europea”.
Os mozos/as socialistas sinalaron igualmente que “a reforma das taxas xudiciais que propón o PP é a aplicación destes criterios dos retallos sociais á xustiza: preténdese deixa fóra das instancias xudiciais a quen non teña suficientes recursos para pleitear o que, en definitiva, é unha xustiza de dúas velocidades: a de quen teña cartos e a de que non os teña”
Para o dirixente mozo socialista, “Gallardón e o PP ocultan os verdadeiros problemas da xustiza neste país cun Código Penal doutro tempo, en lugar de ocuparse de desfacer o atasco xudicial e avanzar no Estatuto da vítima”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol rematou informando que a “nosa organización a nivel federal Juventudes Socialistas de España presentará ao PSOE unha oposición ríxida sobre estas medidas, “sen descartar o recurso de inconstitucionalidade””.

No hay comentarios: