jueves, 4 de octubre de 2012

XSG-Ferrol: “A Lei Wert é un retroceso até o sistema educativo franquista”


As Xuventudes Socialistas de España esixiu hoxe ao Goberno a paralización da reforma educativa que propón o ministro Wert porque “supón o retorno do sistema educativo do noso país aos anos 60, con reválidas, segregación por sexos e coa designación dos directores por parte da Administración e sen a participación dos centros”.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta vergoñento que, tras retallar 5.000 millóns de gasto educativo, o ministro descólguese agora cunha reforma educativa que, polo fondo e pola forma, é antidemocrática: polo fono, porque supón retroceder a unha época de ausencia de liberdades no noso país; e pola forma, porque se vai basear no “rodillo” parlamentario, sen falar cos axentes sociais nin coa comunidade educativa”.
“Os itinerarios que propón Wert supón a creación de guetos, a consagración da falta de igualdade de oportunidades, a implantación dun sistema perverso que vai directamente destinado a crear cidadanía de primeira e de segunda” – engadiron dende a organización, para quen “xunto á profunda desigualdade de oportunidades, o ataque directo á igualdade de xénero, consentindo o financiamento público do ensino segregado, é a outra gran sinatura neocón de Wert”.
“A instauración de reválidas, ao máis puro estilo do réxime franquista, fainos pensar que Wert tratou de plasmar no proxecto algunha fustración psicolóxica, co lamentable resultado de facerlla pagar ao alumnado” – afirmaron.
Bouza rematou afirmando que Wert “non só pescuda mellorar o ensino, senón que a empeora e só vai atopar un rexeitamento da comunidade educativa nas rúas e nos centros”.

No hay comentarios: