miércoles, 17 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol animan aos mozos/as a votar porque non só é precisa a crítica senón a forza do cambio


As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron un video de campaña elaborado pola organización a nivel autonómica no que pretenden lanzar unha mensaxe de esperanza aos mozos/as, polo que “outra forma de facer política e solucionar os seus problema é posible”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, animou aos mozos/as a non resignarse ante todos os retallos e acudir a votar porque segundo expuxo “as manifestacións e protestas están moi ben, pero se non se vota non valen para nada.” “As eleccións -continuou- vanse decidir por un puñado de votos e as enquisas reflexan claramente que os galegos e galegas queren cambio e finalmente o haberá”.
Dende a organización lembraron que “cando un fica na casa, no fondo está vontando e están aprobando todos os ataques se están a producir dende todos os ámbitos polo Partido Popular”. “Os que non queren os retallos deben dicirlle que non a Feijoo e a Rajoy porque non podemos esquecer que aínda que pretendan agochalo Feijoo é Rajoy son o mesmo”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol afirmou que “os gobernos non os poñen as enquisas, ponos os votos e a mocidade galega e ferrolá poden exercendo este dereito escribir un futuro distinto”. Bouza Manso insistiu que “cando se mete unha papeleta do PP nas urnas se vota contra un mesmo, contra os máis desfavorecidos, contra a propia vida"
Os mozos e mozas socialistas expuxeron que “sabemos que as cousas están difíciles, pero hai outra forma de facer política. Os galegos/As reflexan claramente nas encuestas que queren cambio, un cambio que achegue as políticas do goberno da Xunta, a un goberno das persoas como o que presenta Pachi Vázquez.
Bouza concluíu dicindo que “o noso programa electoral é o máis pequeno do mundo, ten 5 palabras: emprego, sanidade, educación, igualdade e dependencia.” É así -engadiron – porque non imos a prometer nada que non vaiamos a cumprir e estes son os piares básicos para o benestar dos cidadáns”

No hay comentarios: