jueves, 22 de enero de 2009

É MOITO O QUE NOS XUNTA


Nestes últimos meses tiven o privilexio de participar nalgúns procedementos internos máis importantes para o PSdeG-PSOE.

Primeiro foi o 11 Congreso no que ademais de avanzar no debate ideolóxico, reeliximos a Emilio Pérez Touriño como Secretario Xeral, con incorporación na nova executiva como a de Iván Puentes, José Manuel Lage o Loli Rodríguez, apostas claras pola xuventude neste partido.

Despois tamén puiden asistir á proclamación de Touriño como candidato á Presidencia da Xunta e finalmente ao Comité onde se elixiron as acertadas listaxes coas que o PSdeG-PSOE concorrerá ás eleccións o próximo 1 de marzo, e digo, acertadas porque ademais do terceiro posto na listaxe por Coruña que ostenta Beatriz Sesyayo Doce, tamén volve a mostrarse esa aposta pola xuventude incluíndo a compañeiros e compañeiras como Loli Rodríguez, Silvia Fraga, José Manuel Lage, María Torres, Nacho Filgueiras…

E é que co seu equipo, Pérez Touriño é o mellor Presidente para construír a GALICIA DO FUTURO contando con todos e todas.

Touriño foi capaz de levar adiante o programa de cambio que necesitabamos en Galicia, xa que demostrou que para el o primeiro son os cidadáns e cidadás.

Ademais o actual presidente é a mellor aposta contra a crise, pois a seguirá afrontando de cara, buscando o benestar dos galegos e galegas, en lugar de dedicarse, como faría o Partido Popular, a usar a crise como escusa para facilitar os despedimentos e retallar os gastos sociais.

Teño o orgullo de dicir que o Goberno presidido por Pérez Touriño traballou polos seus cidadáns e cidadás, non como o PP que nunca se preocupou dos galegos e empregaban a Galicia só a favor dos intereses de Madrid.

Non quero rematar sen dicir que o modelo de presidencia na que creo non é no modelo autoritario que establecerían outros partidos, eu creo no contrato de confianza que Emilio Pérez Touriño asinou con nós fai catro anos, xa que é a única forma de cubrir as necesidades dos galegos e galegas, contando de verdade con eles.

Julián Reina Villalón.
Secretario Xeral de XSG-Ferrol

No hay comentarios: