jueves, 22 de enero de 2009

VOTO POR CORREO


Un ano máis, todos/as aqueles/as que estimedes posible non atoparvos na vosa localidade o día 1 de marzo, poderedes solicitar o "voto por correspondencia" ata o 19 de febreiro.

Para poder facelo, só tedes que acudir persoalmente (e co voso DNI) a unha oficina de correos e indicarlles que queredes exercer este dereito. Só no caso de estar impedido ou incapacitado (a través de certificado médico oficial que o acredite) pode acudir por nós unha persoa debidamente autorizada ( a través de escritura notarial ou consular; calquera destes dous procedementos son gratuítos)

Unha vez realizada a solicitude, seravos remitida toda a documentación necesaria para poder exercer o voso dereito a voto; documentación que teredes que recoller persoalmente.

Elexida a papeleta de voto, debereres introducila no seu sobre correspondente. Posteriormente, meteredes ese sobre xunto co certificado de inscripción no censo noutro sobre que se vos axuntará. Toda esa documentación será remitida por correo certificado antes de día 25 de febreiro. Este último envío non tedes que facelo necesariamente en persoa, senón que o pode realizar outra persoa por vós. É moi importante que lembredes que, no momento no que enviedes esa solicitude, non poderedes votar en persoa.

Lembrade que cada voto conta, cada voto é imprescindible. Non só pola importancia de cita electoral, senón porque un voto perdido é unha voz perdida. Animade ós vosos achegados/as a exercer este dereito e facede chegar esta información a aqueles que saibades que non poderán votar en urna.



Ánimo e a traballar!

No hay comentarios: