Pola contra que o anterior goberno socialista que prestou especial atención á educación sexual e á prevención, para o goberno do PP “a sexualidade é un tema tabú e as políticas en torno a ela brillan pola súa ausencia”. O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “o PSOE mellorou a atención sanitaria cun incremento dos centros de planificación familiar, a formación dos profesionais e a atención ás embarazadas” mentres que “o PP dedicouse a reducir os orzamentos destinados a planificación familiar, o que supuxo o peche de centro e a eliminación de campañas de educación e prevención”.
Ademais, os mozos socialistas consideran que a refoma da lei do aborto coa que se volve á de 1985, é dicir, 30 anos atrás, supón “un retroceso inxustificable que atenta contra a liberdade das mulleres a decidirse sobre a súa maternidade”. Unha modificación “conservadora e retrógrada” á que se engade a posibilidade de que a píldora postcoital volva a ser dispensada con receta e o rexeitamento a que os mozos/as reciban educación sexual coa eliminación da materia de educación para a cidadanía.
Para a organización “as medidas que o goberno está tomando en materia de saúde sexual proceden da súa mentalidade ultraconservadora” e aseguran que “o PP quere eliminar todos os avances conseguidos até agora para limitar a liberdade dos cidadáns deste país a vivir da maneira máis sana, consciente e libre a súa sexualidade”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario