As
Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) rexeitan radicalmente a
proposta do ministro de xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, de volver
a regular a interrupción voluntaria do embarazo sobre un sistema de
supostos, no lugar do vixente sistema de prazos.
Para
o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “o sistema de
prazos demostrou unha maior seguridade xurídica para as mulleres e
médicos e unha maior protección dos dereitos da muller” Bouza
engadiu que “non imos a entrar ao debate falso sobre dous ou tres
supostos, porque o que está en xogo e o sistema de prazos, un
sistema que nos equiparaba á maioría dos países do noso entorno e
que daba a seguridade de interromper o embarazo sobre prazos
obxectivos e non sobre supostos de apreciación subxectiva”.
Dende
a Organización engadiron que “o Partido Popular demostrou dúas
cousas coa proposta de Gallardón: a súa intención clara de impor a
toda a cidadanía unha determinada moral que só ten unha parte
desta, nunha regulación propia dun país confesional, e terse tomado
como unha ofensa persoal o sistema de prazos aprobado a iniciativa do
PSOE, unha ofensa da que agora queren “vingarse” levando ao noso
país á cola de Europa en dereitos da muller”.
Os
mozos/as socialistas aseguraron que “resulta completamente
hipócrita que o Goberno fale da protección da familia retrocedendo
ao século XIX aos dereitos da muller e, por outro lado, machacando
ás familias que din protexer con subidas de impostos brutais sen ir
máis lonxe no material escolar”.
O
secretario xeral concluíu que a súa Organización estará presente
en calquera mobilización que se anuncie en defensa do sistema de
prazos e da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario