As
Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) rexeitan a
modificación de horarios e liñas de buses en horario de verán que
realizou o Partido Popular que segundo expuxeron dende a Organización
“ao longo pasada semana, un gran número de
mozos/as ferrolás mostráronnos o seu malestar por estes retallos”.
Para
o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “estamos a
presenciar un novo ataque aos servizos públicos da man do Partido
Popular que xunto con todos os retallos que está a facer nos
dereitos dos cidadáns e cidadás menoscavan a nosa calidade de
vida.” “Os mozos/as -engadiu Bouza- seremos os máis prexudicados
deste novo barapalo, xa que a mocidade ferrolá é a que na súa gran
maioría emprega este servizo para acudir ás praias”.
Dende
a Organización aseguraron que “estes mozos/as precisan deste
servizo para poder acudir ás praias e con esta modificación non fai
máis que poñerse trabas e impedimentos, xa que terán que chegar
máis tarde e volver máis cedo se é que desexan ir a calquera das
praias de Ferrol”
Os
mozos socialistas argumentaron que o Partido Popular “non cre nos
servizos públicos e porén non lles importa facer un cambio que
empeore a calidade do servizo, como é neste caso que reducen os
horarios dos buses directos nos días laborais, deixando soamente 2
buses pola mañá e 3 pola tarde no caso das praias de San Xurxo e
Doniños; namentres que 1 bus pola mañá e 3 pola tarde no caso das
praias de Esmelle e Cobas.” “No caso das praias de San Xurxo e
Doniños -continuaron dende XSG-Ferrol- o último horario de saída
da praia é ás 19:00h, esperemos que ningún socorrista precise
deste servizo, xa que non chegará a tempo de collelo”.
Dende
a organización seguiron expoñendo o retallo polo que “se reducen
a 2 os buses dos sábados, sen a posibilidade de volver en horario de
tarde, xa que só estarán dispoñibles en horario matinal; suprimen
todos os horarios dos buses dos domingos e festivos que é cando máis
persoas empregan este servizo”
Bouza
Manso alegou que “terán máis facilidade para acudir a outra
praias como pode ser a de Cedeira ou Valdoviño nas que hai máis
flexibilidade de horarios dispoñibles, así como liñas dispoñibles
os sábados e festivos.”
En
palabras dos mozos/as socialistas “namentres fan estes apaños, na
páxina web do Concello aparecen uns horarios que son falsos, cos que
o goberno volve a mentir á cidadanía cos servizos que presta, xa
que tivo tempo dabondo para telos anovados e nos que lle fan
propaganda á Xunta de Galicia polas liñas introducidas daquela,
mais esquéceronse tamén de expor actualmente todos estes retallos e
marcalos en amarelo para ser leais coa cidadanía á que
representan.”
Dende
a Organización quixeron lembrar que “esta modificación ataca unha
vez máis ás persoas que viven no rural mancando un dereito básico
como son uns servizos públicos de calidade que con esta modificación
que fixo o Partido Popular o único que conleva é ao empeoramento
dun servizo básico esencial para a comunicación da cidade co
rural”.
Segundo
expuxo o secretario xeral das XSG-Ferrol “o aforro non pode
xustificar o empeoramento de ningún servizo público e empregalo
como arma para retallar dereitos dos cidadáns e o Sr. Feijoo sabe
moito de aforrar: de aforrar en servizos e en democracia”. “Pola
súa banda, o Sr. Rey Varela plégase novamente ante os ataques da
Xunta de Galicia aos servizos públicos, en vez de defender aos
cidadáns e cidadás de Ferrol que é a súa función como alcalde
desta cidade” engadiron dende a Organización.
Os
mozos/as socialistas esixiron ao Sr. Alcade de Ferrol unha
recitificación “para seguir garantindo os dereitos dos nosos
mozos/as e dos nosos veciños/as en xeral, ampliando o número de
horarios nos días laborais, prorrogando pola tarde os buses dos
sábados e recuperando o servizo dos domingos e festivos.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario