Xuventudes
Socialistas de Ferrol cualificou hoxe de “ataque á transparencia
democrática” e de “exercizo de caciquismo parlamentario” a
negativa do PP a que se produzan 30 comparecencias no Congreso de
membros do Goberno.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “dende
que goberna o Partido Popular iniciouse paulatinamente a redución da
posibilidade de control parlamentario por parte da oposición, o que
supón un déficit democrático moi grave e a supresión práctica do
papel constitucional do Congreso e do Senado.”
Os
mozos/as socialistas lembraron que o rexeitamento das 30
comparecencias polo Partido Popular “súmase á supresión do
debate sobre o Estado da Nación e supón a eliminación dun debate
público sobre cuestións de importancia capital para o noso país,
privando á cidadanía da posibilidade de coñecer non só que
xestión realiza o Goberno, senón que labor de oposición realizan
os grupos das Cámaras.
“Nun
tempo no que a cidadanía esixe máis control e máis transparencia
ás institucións democráticas, onde a inmediatez no acceso á
información é total, o feito de que o Partido Popular furte o
debate no Congreso sobre 30 comparecencias do Goberno non é bo para
o conxunto dos partidos, as institucións e a cidadanía, supón un
dano severo ao sistema democrático e o desamparo absoluto para os
partidos da oposición que vén como o país se goberna por decreto
sen posibilidade sequera de expresar os seus puntos de vista” -
remarcaron dende a Organización
Para
o secretario xeral das XSG-Ferrol, “se a estas accións no plan
parlamentario engadímoslle o control férreo que o Goberno impuxo
sobre os medios de comunicación de titularidade pública, só
podemos afirmar que o país camiña cara o absolutismo, onde algunhas
decisións as toma Rajoy e outras non sabemos ben que as dita.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario