As
Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) reixeitaron
completamente o programa proposto polo Goberno para o Día
Internacional da Xuventude por considerar que “todas as actividades
propostas están orientadas a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos,
idades que non conforman a xuventude, senón a infancia”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, informou que “o
goberno local como xa vén sendo habitual nin nos tiveron en conta
para planificar as actividades deste Día, nin se molestaron en
convidarnos a participar neste acto, xa que nos tivemos que enterar
polos medios de comunicación locais”
Dende
a organización dubidaron que “os mozos/as de 15 ou 16 anos vaian a
acudir a saltar nas colchonetas ou a participar nos hinchables e non
digamos xa un mozo/a de 25 ou 30 anos”. Continuaron ironizando e
preguntándose “se o Sr. Alcalde hai 6 anos, cando estaba dentro da
idade da Xuventude, acudiría a estas actividades”
Dende
as XSG-Ferrol manifestaron que “como non pode ser doutra maneira,
estamos de acordo con que se realicen esas actividades para os máis
novos da nosa cidade, pero as cousas hai que chamarlles polo seu nome
e estas actividades están dirixidas a un colectivo que non é
mocidade senón a infancia
que é como lle denominan organismos tales como as NNUU.”
Bouza
dirxiuse ao goberno local para dicir que “non hai nada que inventar
respecto ás idade entre as que se atopa a mocidade, xa que se atopa
regulado na Lei galega 6/2012 da xuventude que entrou en vigor no día
onte, na que no seu artigo número 2 se recolle que terán a
consideración de xoves as persoas de idades comprendidas entre os 14
e os 30 anos.”
Os
mozos/as socialistas preguntáronse se “o Partido Popular rebaixará
a idade de afiliación ás Novas Xeracións a 6 anos para ser
coherentes coas súas políticas do Concello.”
O
secretario xeral argumentou que “esta situación non é algo
incidental e non é máis que froito dunhas políticas mozas ausentes
por completo neste Concello que están intentando tapar a
inactividade desta Concellería con parches para xustificar a mala
xestión en política mozas.”
Os
mozos socialistas explicaron que “traballar para a mocidade ferrolá
non é poñer nun papel Día Internacional da Xuventude e listo,
senón escoitar as demandas destas e das súas organizacións e poñer
solucións aos seus problemas.” Criticaron taménn que “isto é
consecuencia de planificar nun despacho unhas actividades infantís
que nada teñen que ver coa xuventude sen ter en conta ao colectivo
ao que van destinadas.”
Bouza
Manso criticou que “unha vez máis o Sr. Rey Varela e o seu equipo
dánlle as costas á mocidade e demostran que o único que lles
interesa é o titular en vez do contido porque non se dan conta que
os mozos/as non viven de titulares, senón do contido das políticas
que eles fagan, aínda que neste caso das políticas que non fan”
Animaron
dende a organización ao goberno municipal a “que se a descoñece a
lei galega de mocidade da que tanto fachendeou que a lea, para facer
a planificación das políticas mozas” e esixiron ao Sr. Alcalde
que “teña en conta aos mozos/as na elaboración das políticas
xuvenís deste Concello establecendo as canles oportunas para que a
participación sexa a máxima posible”. Concluíron reiterándolle
ao Executivo que “de ter constituído o Consello da Xuventude de
Ferrol nada disto tivera pasado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario