As
Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) aprobaron no día de
onte nunha xuntanza extraordinaria da Executiva Municipal da
Agrupación sumarse ao manifesto en defensa do Ateneo Ferrolá.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou a “Rey Varela
que a cultura nin se vende, nin se negocia, nin se comprime, hay que
fomentala”. Reivindicou de seguido que non quere nin pensar que “o
Sr. alcade quere castigar coa súa maioría absoluta a unha Entidade
que por todos é coñecida a súa tendencia progresista.”
As
XSG-Ferrol criticaron que “potenciar a cultura non está no ADN da
dereita, xa que deberían estar orgullosos de que tantas
Organizacións da cidade se dedican ao fomento da cultura e poñer
solucións en vez de impedimentos”
Segundo
indicaron os mozos/as socialistas “foron precisamente as
necesidades de espazo para albergar axeitadamente a biblioteca,
hemeroteca e pinacoteca do Ateneo, xunto coa urxencia para resolver
as deficiencias da estrutura e as graves humidades, as que motivaron
que este edificio emblemático se rehabilitase.”
Dende
a organización propuxeron que “o Concello o que debe facer un plan
de usos deste edificio, acorde coa propia infraestrutura e os espazos
habilitados na rehabilitación actual, que como se sabe xa estaba
previsa para ao uso do Ateneo Ferrolán”. “Con esta modificación
que propón o Partido Popular -continuou o dirixente- a redución do
espazo desta organización conlevaría parello unha merma dos
servizos que ofrecen dende o Ateneo.”
O
secretario xeral esixiu ao goberno que “poña todo da súa man para
conseguir as condicións óptimas de todas as organización, sen que
a solución estea en quitarlle a uns para darlle a outros”. A
tarefa do goberno –en palabras de Bouza- é de pescudar os medios
precisos para que o Ateneo Ferrolán poida seguir realizando a súa
normal actividade nas depencias e facilitar outras alternativas ás
colocacións que xa teñen as entidades SAF e a AVV Centro, evitando
unha confrontación innecesaria e intencionada.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario