As
Xuventudes Socialistas Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse á campaña de
recollida de material que deu comezo a Organización a nivel federal
hai uns día pola importancia que ten este tema e pola repercursión
que vai a ter esta medida en moitas familias ferrolás.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, explicou que “a
campaña, baixo o lema “NO al IVAzo escolar”, pretender recoller
material para destinalo ás familias con máis apuros económicos
que, dada a subida do 4 ao 21% nesta clase de produtos, non poden
proporcionar aos estudantes o material preciso.”
Para
Bouza “a subida do IVE aplicada polo Goberno supón profundizar no
erro que vén cometendo o Partido Popular na xestón da crise:
retallar os gastos e, no que se refire a ingresos castigar a quenes
máis débiles se atopan economicamente.”
Os
mozos/as socialistas de Ferrol informaron que dende Juventudes
Socialistas de España pediuse ao PSOE que “estude presentar un
recurso de inconstitucionalidade contra a medida, que ameaza a
gratuídade do ensino e que ten un afán confiscatorio ao aplicar un
gravame inxustificadamente elevado a bens asociados ao exercizo dun
dereito fundamental, que ficaría completamente limitado para parte
da cidadanía.”
Dende
a organización engadiron que “a subida do IVE ao material escolar
en 17 puntos supón un atentado segregador que pode xerar unha brecha
educativa profunda entre o alumnado cuxas familias poidan aguantar a
subida e os alumnos aos que as súas familias non poidan ofrecerlles
un material similar ao dos seus compañeiros/as de clase.” “Esta
brutal subida conlevará un custe medio de 640€ por neno/a máis
nos gastos asociados á volta ao cole, segundo datos da OCU, o que
supón unha mostra clara do ataque continuo do Partido Popular aos
dereitos fundamentais”
Dende
a formación salientaron que “Ante esta medida regresiva e ante o
grave perigo que supón para moitas familias, non podemos permanecer
á marxe, polo que imos a implicarnos xunto con toda a nosa
Organización nesta campaña para paliar os efectos desta subida do
IVE e para axudar ás familiar que peor o están a pasar nesta
crise.”
O
secretario xeral das XSG-Ferrol defendeu que “ante o “IVAzo” do
Partido Popular, o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Pachi
Vázquez, propuxo medidas serias, responsables e comprometidas coas
necesidades dos cidadáns. Estas medidas céntranse en dúas liñas
fundamentais: o incremento da contía das axudas para libros de
texto, material escolar e comedores escolares e a suba do nivel da
renda mínima para acadar axuda para este material e servizo.”
Dende
a organización explicaron algunhas das propostas do PSdeG nesta
materia, entre as que destacan “os libros de texto gratuítos para
os alumnos/as cuxas familias teñan rendas mensuais menores de
1.000€”. Así como que “a Xunta asuma a suba do IVE nos
comedores escolares, para que non repercuta non prezo que pagan os
neno/as por comer neles.” Para finalizar, felicitaron a Pachi
Vázquez pola proposta da supresión dos concertos cos centros que
segregan por razón de sexo, xa que segundo consideraron “non
podemos tolerar que no Estado democrático que nos atopamos, siga
habendo tales ataques á igualdade das persoas que o único ao que
nos levan é a retroceder a séculos pasados”.
O
secretario xeral considerou como “completamente acertadas todas as
propostas do candidato socialista que denotan que o noso Partido
pescuda unha mellora social dos cidadáns, xa que escoita as súas
demandas e pon solucións aos seus problemas”. “Todas estas
médidas son básicas e fundamentais para seguir garantindo os
servizos públicos e a igualdade de oportunidades entre todos os
cidadáns que ven atacados os seus dereitos coa súbida dun imposto
completamente inxusto como é IVE que grava por igual aos ricos e aos
pobres” engadiu Bouza.
A
campaña que presentaron no día de hoxe xa está pendurada nas redes
sociais e animaron a toda a cidadanía “a achegar o seu grao de
area e a espallar esta campaña a través de todos os medios.”
Puxeron a disposición da cidadanía o seu correo electrónico
(xsgferrol@gmail.com)
para que aquelas persoas que poidan contribuír con material escolar
se poñan en contacto con eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario