As
Xuventudes Socialistas de Ferrol realizaron hoxe un chamamento aos
poderes públicos para un maior esforzo na erradicación da trata e o
tráfico de persoas con fins de explotación sexual.
En
opinión do secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “a
explotación sexual supón unha lacra pendente para a que a sociedade
civil e os poderes públicos deben dar unha resposta contundente,
ante a sistemática violación dos dereitos máis elementais, en
especial de mulleres, nenos e nenas.”
Para
a organización, “nin a sociedade en xeral, nin os mozos/as en
particular, podemos permanecer impasibles ante unha das máis
grandes, constantes e vergoñentas situacións de violación da
dignidade persoal que padece o planeta, que afecta a 12 millóns de
persoas no mundo. Son os poderes públicos – engadiron- quenes
deben realizar unha tarefa máis profunda precisamente para
representar o sentir cidadán contra esta forma de explotación.”
O
secretario xeral das XSG-Ferrol destacou que “os mozos/as
socialistas estamos dispostos a reclamar ás administracións esa
labor máis profunda para erradicar estas prácticas: as declaracións
institucionais están moi ben, pero a acción educativa, a
concienciación e a tolerancia cero deben conxugarse para remtar cun
delito profundamente extendido, moi lucrativo, que se move nunha
atmósfera de ocultación e que goza dunha permisividade incompatible
coa protección máis básica dos dereitos humanos”.
Os
mozos/as socialistas alertaron de que “non podemos permitir que,
baixo o amparo da crise económica, se reduzan os esforzos para
combatir esta vergoña no noso propio país, onde unhas 50.000
persoas vense afectadas.” “Non hai excusa económica que valga –
concluíron- para reducir esforzos na consecución dunha vida digna
para todos os seres humanos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario