As
Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno a
paralización da reforma educativa que propón o ministro Wert porque
“supón o retorno do sistema educativo do noso país aos anos 60,
con reválidas, segregación por sexos e coa asignación dos
directores por parte da Administración e sen a participación dos
centros”.
Para
o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta vergoñento
que, tras recurtar 5.000 millóns de gasto educativo, o ministro
descólguese agora cunha reforma educativa que, polo fondo e pola
forma, é antidemocrática: polo fondo porque supón retroceder a
unha época de ausencia de liberdades no noso país; e pola forma
porque vaise basear no rodillo parlamentario, sen falar cos axentes
sociais nin coa comunidade educativa”.
“Os
itinerarios que propón Wert supoñen a creación de guetos, a
consagración da falta de igualdade de oportunidades, a implantación
dun sistema perverso que vai directamente destinado a crear cidadanía
de primeira e de segunda” - engadiron dende a organización- para
que “xunto a profunda desigualdade de oportunidades, o ataque
directo á igualdade de xénero, consistindo a financiación pública
do ensino segregada, é a outra gran sinatura neocón de Wert”.
“A
instauración de reválidas, ao máis puro estilo do réxime
franquista, fainos pensar que Wert tratou de plasmar no proxecto
algunha frustración psicolóxica, co lamentable resultado de
facerlla pagar ao alumnado” - afirmaron os mozos/as socialistas.
O
secretario xeral rematou afirmando que Wert “non só pescuda
mellorar o ensino, senón que o empeora, e só vai a atopar o
rexeitamento educativo nas rúas e nos centros”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario