As
Xuventudes Socialistas de Ferrol denuncian hoxe que o intento do
Partido Popular de reformar a actual regulación da interrupción
voluntaria do embarazo (aprobada polo PSOE e que instauraba un
sistema de prazos) supón “unha regresión nos dereitos das
mulleres no noso país, a imposición da moral particular do PP a
toda a cidadanía e unha falta de respecto á pluralidade política
consagrada na Constitución”.
Para
as XSG-Ferrol, “o PP contempla un modelo de muller arcaico, co que
estamos en completo desacordo, un modelo no que as mulleres non poden
tomar decisións con autonomía e liberdade”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegurou que “mentres
que a Lei da Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE era unha lei
preventiva, que pretendía evitar embarazos non desexados, que
garantía seguridade na atención sanitaria e seguridade xurídica, o
PP aposta por normas de represión, considerando ás mulleres como
incapaces de decidir por si mesmas e tratándoas como delincuentes”.
“O
que realmente quere o PP é que as mulleres deban seguir
responsabilizándose do coidado dos fillos e fillas, dos roles do
fogar – afirmaron dende a Organización – en tanto que os
socialistas queremos seguir na loita constante pola consecución
dunha igualdade real, efectiva, que elimine teitos de cristas, brecha
salarial, que concilie a vida laboral e familiar con
corresponsabilidade, algo que demostramos coa Lei de Igualdade e coa
Lei de Saúde Sexual e que hoxe o PP pon en perigo antepoñendo
crenzas particulares a evidencias científicas, mostrando o seu lado
máis ultraconservador
Os
mozos/as socialistas aseguraron que “as intencións do ministro
Gallardón de reformar a regulación do aborto antes de que remate o
ano só se asentan na imposición da súa moral particular ao
conxunto da cidadanía, deixando de lado os dereitos das mulleres, as
cifras de embarazos non desexados e o respecto ás crenzas do resto
da sociedade”. “En definitiva – concluíron- Gallardón leva á
lei a súa propia moral e iso ten un nome: fundamentalismo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario