As
Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron un video de campaña
elaborado pola organización a nivel autonómica no que pretenden
lanzar unha mensaxe de esperanza aos mozos/as, polo que “outra
forma de facer política e solucionar os seus problema é posible”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, animou aos mozos/as a
non resignarse ante todos os retallos e acudir a votar porque segundo
expuxo “as
manifestacións e protestas están moi ben, pero se non se vota non
valen para nada.” “As eleccións -continuou- vanse decidir por un
puñado de votos e as enquisas reflexan claramente que os galegos e
galegas queren cambio e finalmente o haberá”.
Dende
a organización lembraron que “cando un fica na casa, no fondo está
vontando e están aprobando todos os ataques se están a producir
dende todos os ámbitos polo Partido Popular”. “Os que non queren
os retallos deben dicirlle que non a Feijoo e a Rajoy porque non
podemos esquecer que aínda que pretendan agochalo Feijoo é Rajoy
son o mesmo”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol afirmou que “os gobernos non os
poñen as enquisas, ponos os votos e a mocidade galega e ferrolá
poden exercendo este dereito escribir un futuro distinto”. Bouza
Manso insistiu que “cando se mete unha papeleta do PP nas urnas se
vota contra un mesmo, contra os máis desfavorecidos, contra a propia
vida"
Os
mozos e mozas socialistas expuxeron que “sabemos que as cousas
están difíciles, pero hai outra forma de facer política. Os
galegos/As reflexan claramente nas encuestas que queren cambio, un
cambio que achegue as políticas do goberno da Xunta, a un goberno
das persoas como o que presenta Pachi Vázquez.
Bouza
concluíu dicindo que “o noso programa electoral é o máis pequeno
do mundo, ten 5 palabras: emprego, sanidade, educación, igualdade e
dependencia.” É así -engadiron – porque non imos a prometer
nada que non vaiamos a cumprir e estes son os piares básicos para o
benestar dos cidadáns”
No hay comentarios:
Publicar un comentario