As
Xuventudes Socialistas de Ferrol piden ao Goberno que “de unha vez
por todas faga caso á cidadanía e paralice a reforma educativa, os
retallos en educación e expulse a José Ignacio Wert do Executivo”.
Por
outra banda, as XSG-Ferrol critican con dureza a decisión de UPyD e
PP de rexeitar a reprobación do ministro de educación, cultura e
deporte, proposta polo PSOE e apoiada polo resto de grupos
parlamentarios.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, destacou que “só por
ter retallado, en menos dun ano, 5.200 millóns de euros en
educación, o ministro Wert debería ter presentado xa a súa
dimisión” - e engadiu que - “non consentiremos que os plans de
Rajoy se cumplan: que Wert aprobe a peor reforma educativa da
historia primeiro e despois marche”.
Neste
senso, para Bouza “é inxustificable que o Goberno estea retallando
en todo aquello que asegura a cualidade da educación pública e a
igualdade de oportunidades dos estudantes: bolsas, axudas,
profesores/as, infraestruturas e investigación”.
Ante
o rexeitamento de UPyD e PP á reprobación de Wert proposta polo
PSOE no Congreso dos Deputados, os mozos/as socialistas afirmaron que
“apoiar á dereita en algo tan imcomprensible como isto é ser a
dereita”, - e engadiron que- “mentre o PP e UPyD apoien ao peor
ministro de educación da historia, o resto de grupo parlamentarios,
co PSOE á cabeza, esixen a súa dimisión”.
Dende
a organización engadiron que “o Partido Popular e UPyD lle fan un
flaco favor ao noso país apoiando que o ministro siga no seu cargo:
porque o naufraxio ao que Wert levou ao Ministerio de Educación
supón un futuro incerto para milleiros de mozos/as e, con elo, un
país que se recuperará peor da crise económica”.
Por
último, o secretario xeral das XSG-Ferrol referiuse tamén ao
plantón que comunidade educativa realizou esta mesma mañá no
Consello Escolar do Estado ante o debate do anteproxecto da LOMCE:
“que estudantes, docentes e pais/nais dean plantón ao Ministerio o
di todo sobre a reforma educativa que pretende converter o ensino nun
sistema elitista, segregador e pouco democrático”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario