O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “o
Partido Popular dá un paso máis nos seus retallos, esta vez aos
dereitos de cidadanía: as reformas que presentan o PP e o ministro
Gallardón sitúan a España ao borde do abismo no que se refire a
garantes das que goza a cidadanía en todo o Estado de Dereito”.
Bouza
asegurou que “por unha banda, a reforma do Código Penal que
presenta o PP non cumpre unha mínimas garantías constitucionais,
supón un ataque directo á seguridade xurídica, está chea de
termos de apreciación subxectiva e iso leva aparellada unha absoluta
arbitrariedade, sen contar con que priva á cidadanía da tutela
xudicial efectiva, un dos dereitos fundamentais máis básicos. Todo
elo fai – asegurou- que nos atopemos ante unha reforma incompatible
coa nosa Constitución”.
“Por
outra parte – continuaron dende a organización– o ministro
Gallardón xa anunciou a reforma da regulación da interrupción do
embarazo, e supón retrotraer ao noso país aos anos 80 e ter unha
das regulacións máis restritivas da Unión Europea”.
Os
mozos/as socialistas sinalaron igualmente que “a reforma das taxas
xudiciais que propón o PP é a aplicación destes criterios dos
retallos sociais á xustiza: preténdese deixa fóra das instancias
xudiciais a quen non teña suficientes recursos para pleitear o que,
en definitiva, é unha xustiza de dúas velocidades: a de quen teña
cartos e a de que non os teña”
Para
o dirixente mozo socialista, “Gallardón e o PP ocultan os
verdadeiros problemas da xustiza neste país cun Código Penal doutro
tempo, en lugar de ocuparse de desfacer o atasco xudicial e avanzar
no Estatuto da vítima”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol rematou informando que a “nosa
organización a nivel federal Juventudes Socialistas de España
presentará ao PSOE unha oposición ríxida sobre estas medidas, “sen
descartar o recurso de inconstitucionalidade””.
No hay comentarios:
Publicar un comentario