As
Xuventudes Socialistas de Ferrol criticaron duramente os retallos
anunciados polo Goberno á súa achega ás bolsas Erasmus.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmaron que “a
dirección que está tomando o Goberno é intolerable e inasumible: o
retallo do gasto en educación a niveles dos anos 80 é grave, o
retallo de bolsas é moi grave e responde a unha concepción vella da
dereita, para a que as bolsas son un privilexio e non un dereito,
pero o retallo nos Erasmus lévase o premio á indencencia, xa que é
un ataque ao ensino e é un ataque á cohesión da sociedade española
como parte da cidadanía europea”
Bouza
contrastou que “mentres que os gobernos do PSOE nas Comunidades
Autónomas seguen mantendo a súa aposta por complementar as bolsas
Erasmus, o PP, con Feijoo, Rajoy e Wert á cabeza, camiñan en
dirección oposta, volven a unha Galicia aillada de España e a unha
España aillada de Europa”
Os
mozos/as socialistas lembraron que “co PSOE no goberno, a contía
estatal destinada ao programa Erasmus pasou de 4,6 millóns (última
cifra da era Aznar) a 62,7 millón no ano 2011, e agora Rajoy e Wert
son os responsables de tela retallado en dous anos un 75%, e tela
deixado en 15 millón para 2013: un verdadeiro xesteirazo, con toda a
aleivosía, á participación do noso país no programa Erasmus”.
“Fica
claro – engadiron – cal é a orde de prioridade dos Srs. Feijoo e
Rajoy, retallar en educación, e cal foi a aposta do PSOE
multiplicando por 13 a contía para estas bolsas”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol concluiu que “o programa Erasmus
supón unha aposta por un ensino sobre o eixo da cidadanía europea,
sobre os valores que representa Europa e sobre a oportunidade que
representa a solidariedade entre todo os países europeos: agora xa
vemos que opinión ten o Partido Popular de todos estes valores e
como os promociona con retallos orzamentarios”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario