As
Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron no día de onte a
campaña moza que levarán a cabo para estas elección autonómicas.
Segundo indicaron dende a organización “esta campaña estará
composta por varios carteis e videos aos que lles daremos difusión
polas redes sociais e mediante os cales queremos demostrar á
cidadanía e sobre todo aos máis mozos/as que Galicia precisa un
cambio urxente para seguir garantindo o Estado de Benestar”.
“A
nosa campaña tamén constará dun acto principal mozo no que
contaremos coa presenza do candidato á presidencia da Xunta, Pachi
Vázquez e os candidatos números 1 e 3 pola provincia da Coruña,
Francisco Caamaño e Beatriz Sestayo, co fin de que toda a mocidade
ferrolá poida consultar de primeira man as súa dúbidas sobre o
noso programa electoral” informou o secretario xeral.
Os
mozos/as socialistas explciaron que “neste primeiro video
mostrámoslle á cidadanía a verdadeira cara de Feijoo e do seu
partido co incumprimento das promesas ante as cales o propio Feijoo
se puxera como aval persoal”. “Cremos que é fundamental que a
mocidade saiba cal é o compromiso do Partido Popular coa cidadanía,
para a continuación no seguinte video que presentaremos, expoñer as
nosas propostas de cambio que tanto precisa Galicia e os galegos e
galegas para seguir mantendo o Estado de Benestar” engadiron.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, acusou ao candidato do
PP, Núñez Feijoo, de ser “un mentiroso compulsivo” e que se
“aproveita destas eleccións para prometer todas esas cousas que
despois non só non vai a cumprir, senón que fará todo o contarrio,
do mesmo xeito que fixo o seu homólogo, o Sr. Rajoy, nas eleccións
xerais”
Para
as XSG-Ferrol, “Pachi Vázquez presenta un proxecto serio e
comprometido cos galegos e galegas, no que quere garantir que todos e
todas sigamos sendo cidadáns de primeira e que ninguén fique
excluído desta sociedade por ter menos recursos” “Os e as
socialistas temos claro que existen unha liñas vermellas que non se
poden pasar e nestas estan a educación, a sanidade e os servizos
sociais que o PP está aplastando por completo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario