As Xuventudes
Socialistas de Ferrol únense a petición de retirada inmediata do
anteproxecto da LOMCE ao considerala “unha contrarreforma educativa
que segrega dende pequenos aos alumnos/as e devólvenos á escola
franquista”. Así mesmo, as XSG-Ferrol esixen a paralización dos
retallos en educación e a dimisión inmediata do ministro Wert, xa
que asegura que “é o hooligan do Goberno e o ministro que non se
representa nin a si mesmo”.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “non se pode consentir que o
goberno do PP desmantele o ensino público nun só ano e agora nos
queira vender que se vai a reformar cunha lei que supostamente
mellora a cualidade educativa: eso é demagoxia e mentira”.
Ademais, destacou que “as mobilizacións non farán máis que
crecer con Wert, os seus retallos e a súa Lei porque dinamitan o
ensino público e as oportunidades dos que menos teñen”.
Bouza asegurou que “o
empecinamento do ministro en desmantelar o sistema educativo tal e
como o coñecimos vai a ser a causa de aumentar aínda máis a
desconexión do ministro coa comunidade educativa, e isto só vai a
remediarse coa retirada da lei, dos retallos e do ministro”. “Os
pais – asegurou – van a enviar tranquilos aos seus fillos á
escola cando Wert marche para a súa casa”.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol anunciou que a súa organización participou e participará
nas protestas e manifestacións contra Wert “para acabar cos
retallos en educación e co peor ministros de educación da nosa
historia”.
Por outra banda, dende
a organización referíronse tamén ás declaracións do Obispo de
San Sebastián, José Ignacio Munilla, que considera unha “emerxencia
educativa” o ateísmo xuvenil, ao que Bouza constestou que “supoñen
unha afirmación máis da intención dos sectores ultraconservadores
de reimplantar o nacionalcatolicismo nas escolas, a base de ministros
que queren españolizar estudantes e obispos que queren sacarlles do
ateísmo”. “Todo isto soa – concluíu- á educación doutros
tempos de triste lembranza, polo que só nos queda pedir tanto ao
ministro como ao obispo que se mentalicen de que España é un país
de respeto ás crenzas de cada persoa, é dicir, un Estado de
Dereito, democrático”.
Para finalizar, os
mozos/as socialistas expuxeron que “as políticas do ministro son
idénticas as que xa comezou o Sr. Núñez Feijoo en Galicia e que de
non pararlle os pés o vindeiro 21 de outubro veremos como siguen
atacando ao ensino público dende o ministerio, pero tamén dende a
Xunta de Galicia”. Ante isto, o secretario xeral animou aos
mozos/as galegos e ferrolás “a empregar a ferramenta máis forte
en democracia: o voto, para que o cambio en Galicia se faga efectivo
e darlle un toque de atención ao goberno de Rajoy para que paren
todos os estes ataques ao ensino público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario