As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron hoxe dous carteis que forman parte da campaña xa iniciada na pasada semana pola que pretenden explicar as propostas do Partido Socialista así como deixar en evidencia todas as mentiras do Sr. Feijóo ao longo destes anos.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, explicou o contido
destes carteis no que “un deles mostra as incesantes mentiras do
Partido Popular coa cidade de Ferrol con aquel famoso contrato que se
comprometera a cumprir como aval persoal o candidato do Partido
Popular e que, como de todos é sabido, nada cumpriu a día de hoxe”.
O outro, pola contra, mostra -segundo indicou- que “hai outra forma
de facer política cos mozos e mozas deste país e que mentres o Sr.
Feijóo reparte maletas aos mellores expedientes de Galicia, Pachi
Vázquez comprométese con medidas claras para a mocidade”.
Dende
a organización explicaron que “estas medidas pasan pola creación
de 25.000 bolsas-contrato durante un ano para mozos e mozas
desempregados para incorporarse a empresas en sectores de futuro así
como o firme compromiso de que o gasto en I+D alcance a media
estatal”. “Blindaremos -continuaron explicando- por lei o
carácter público, gratuíto e universal da Educación, garantindo
os recursos públicos necesarios entre os cales entendemos que se
atopa a gratuidade dos libros de texto para todos e todas”.
Os
mozos/as socialistas aseguraron que “o Partido Socialista
comprometeuse a non subir as taxas universitarias en ningunha das
súas convocatorias para garantir o acceso de todos e todas a un
ensino superior”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol expuxo que “a mocidade galega e
ferrolá será clave e protagonista fundamental para que o cambio en
Galicia sexa efectivo e se garanta o benestar dos galegos e galegas”.
Porén animou aos mozos e mozas a acudir a votar en contra das
mentiras e as políticas de Feijóo e Rajoy.
Bouza
engadiu que “estas eleccións son realmente importantes porque non
só está en xogo o goberno de Galicia, senón tamén as políticas
do goberno de España”. “Darlle o voto a Feijóo -concluiu- será
darlle o voto a Rajoy o que fará que se crean cun cheque en branco
para acabar con todo o Estado de Benestar”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario