As
Xuventudes Socialistas de Ferrol consideran que as Novas Xeracións
do PP realizaron un exercizo absoluto de cinismo, a xulgar por como
vén os Orzamentos Xerais do Estado.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “só en
educación, os orzamentos de 2013 supoñen un retallo de 3,8% en
bolsas; entre os Orzamentos de 2012 e 2013, as bolsas Erasmus
sufriron un retallo por parte do PP do 75%; e dende que o PP chegou
ao Goberno se retallaron un total de 5.200 millóns de euros en
educación”.
En
opinión dos mozos/as socialistas “que a presidenta de Novas
Xeracións tilde de “aposta pola mocidade española” aos
Orzamentos máis antisociais que entraron xamais no Congreso, supón
actuar cun cinismo incurable”.
“Novas
Xeracións basea esa suposta aposta pola mocidade en cifras
destinadas ao programa Xuventude en Acción ou no financiamento ao
Consello da Mocidade, pero afórranse opinar sobre multitude de
cifras que supoñen verdadeiras labazadas aos mozos/as deste país”
-engadiron.
“Ademais
– afirmaron dende a Organización – as Novas Xeracións pasan por
alto a desaparición da Renda Básica de Emancipación, ou se cala a
solemne incapacidade do Partido Popular, de Mariano Rajoy, Feijoo e
Rey Varela para impulsar orzamentariamente políticas activas de
emprego que reduzan o paro xuvenil”.
“Nin
sequera as partidas que destacan supoñen algo favorable para a
xestión do PP: o Consello da Xuventude perdeu un 17% do orzamento en
dous anos e o Instituto da Mocidade perdeu xa un 9% do seu orzamento
dende 2011” - asegurou Bouza.
“En
resumo – concluíron – Novas Xeracións e a súa presidenta
padecen un cinismo que resulta incurable, porque hai que ser moi
cínico para dar por bos para a mocidade os Orzamentos para 2013 que
presenta o PP e para calar unhas cifras que supoñen pór aos
mozos/as españois comos as principais vítimas das contas públicas
para o vindeiro ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario