As Xuventudes Socialistas de España esixiu hoxe ao Goberno a paralización
da reforma educativa que propón o ministro Wert porque “supón o retorno do
sistema educativo do noso país aos anos 60, con reválidas, segregación por
sexos e coa designación dos directores por parte da Administración e sen a
participación dos centros”.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta vergoñento
que, tras retallar 5.000 millóns de gasto educativo, o ministro descólguese
agora cunha reforma educativa que, polo fondo e pola forma, é antidemocrática:
polo fono, porque supón retroceder a unha época de ausencia de liberdades no
noso país; e pola forma, porque se vai basear no “rodillo” parlamentario, sen
falar cos axentes sociais nin coa comunidade educativa”.
“Os itinerarios que propón Wert supón a creación de guetos, a consagración
da falta de igualdade de oportunidades, a implantación dun sistema perverso que
vai directamente destinado a crear cidadanía de primeira e de segunda” –
engadiron dende a organización, para quen “xunto á profunda desigualdade de
oportunidades, o ataque directo á igualdade de xénero, consentindo o
financiamento público do ensino segregado, é a outra gran sinatura neocón de
Wert”.
“A instauración de reválidas, ao máis puro estilo do réxime franquista,
fainos pensar que Wert tratou de plasmar no proxecto algunha fustración
psicolóxica, co lamentable resultado de facerlla pagar ao alumnado” –
afirmaron.
Bouza rematou afirmando que Wert “non só pescuda mellorar o ensino, senón
que a empeora e só vai atopar un rexeitamento da comunidade educativa nas rúas
e nos centros”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario