As
Xuventudes Socialistas de Ferrol felicítanse pola sentenza do
Tribunal Constitucional que considera acorde coa Carta Magna a
reforma do Código Civil que regula o matrimonio entre persoas do
mesmo sexo.
En
opinión do secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “aínda
que a tardanza no fallo é unha tacha institucional que non podemos
valorar ben, a decisión adoptada demostra que o contido substancial
e profundo da nosa regulación sobre o matrimonio ampara un concepto
amplio, e non se reduce a vontade nin dunha parte da sociedade nin
dunha crenza relixiosa concreta”.
Os
mozos/as socialistas destacaron que “tanto o sentir da cidadanía
como a lóxica democrática deixaron en evidencia a un Partido
Popular que mantivo durante sete anos unha postura en aberta
contradición coa maioría social deste país”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol pediu “unha reflexión profunda ao
Partido Popular, para que deixe de tentar impor ao conxunto da
sociedade española unha visión da familia na que só se entende
representada unha minoría”. “As leis do Estado- engadiron- non
poden ser o reflexo dunhas crenzas particulares, senón que deben
amparar un mínimo común que sexa representativo de toda a sociedade
e o fallo do Tribunal Constitucional vén a ratificar esta postura”.
Dende
a organización concluíron que “agora é o turno de Rajoy e do PP
para que comecen a entender que a lexislación en dereito de
cidadanía non avanza ao ritmo de catecismo, senón ao ritmo que
quere a sociedade española, ao ritmo que regulou o Congreso dos
Deputados en 2005 e que hoxe ratificou o Tribunal Constitucional”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario