As
Xuventudes Socialistas de Ferrol advertiron hoxe que os retallos
efectuados polo Goberno do PP en materia de igualdade “supón levar
os dereitos das mulleres a unha situación anterior á Constitución”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “xa non
se trata só de que os Orzamentos Xerais do Estado retallen un 24% en
materia de igualdade, senón que as constantes bravuconadas machistas
dos membros do Goberno nestes meses lévannos a unha conclusión: o
Partido Popular e o Goberno de Mariano Rajoy son felices situando ás
mulleres españolas ante un abismo de desigualdade”.
“A
elo únese – recalcaron os mozos/as socialistas- o retallo do 7%
que os Orzamentos Xerais do Estado para 2013 presentan nas políticas
contra a violencia de xénero: elo débenos dar idea de que non só
non é prioritario para o Goberno, senón que o Partido Popular o ve
como prescindible, sen darse conta de que un retallo na loita contra
a violencia machista non é só un retallo, senón un fracaso da
sociedade no seu conxunto”.
Bouza
lembrou que “xunto coas políticas retrógradas do Goberno de
Rajoy, as CCAA do Partido Popular practicaron retallos e elaboran
políticas en relación coas mulleres que podería subscribirse pola
Sección Feminina nos anos 50”. “Semella- asegurou- que o Partido
Popular é feliz relegando á muller ao ámbito doméstico e
conducindo á sociedade aos escuros anos de silencio fronte á
violencia machista”.
“Dende
Xuventudes Socialistas de Ferrol non imos a pemitir – afirmaron
dende a Organización- que se trate de impor ao conxunto da sociedade
un fanatismo fundamentalista, unha serie de dogmas trasnoitados, e un
retroceso de décadas cando xa a nosa sociedade ía por un bo camiño
grazas a medidas como a Lei Integral contra a Violencia de Xénero ou
a Lei de Igualdade”. “Imos a aplicar unha política de tolerancia
cero – aseguraron- contra o machismo institucional porque supón un
dos apoios máis graves ao machismo social, e porque os e as mozos/as
socialistas temos un compromiso claro pola igualdade e pola dignidade
da muller no marco dunha sociedade avanzada, como deber ser a nosa”.
Bouza
concluíu afirmando que “os retallos conducen a un risco certo
dunha diminución de denuncias por violencia de xénero e se este
risco se cumple, imos a esixir responsabilidades ao Partido Popular e
o seu Goberno”.
A
campaña iniciada no día de hoxe dende a Organización consistirá
na publicación a través das redes sociais do cartel de campaña,
así como sumarse ao manifesto do PSOE do Día Internacional contra a
Violencia de Xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario