As
Xuventudes Socialistas de Ferrol levaron a cabo ao longo desta fin de
semana a campaña impulsada por todas as organizacións xuvenís
socialistas de Europa denominada como “Rise Up” pola que animaron
á mocidade a rebelarse contra as políticas que se están a levar a
cabo dende a Unión Europea.
A
campaña consistiu por unha banda na recollida de sinaturas nas que
solicitan ao Consello de Europa e ao Parlamento Europeo que cambien
de inmediato as políticas de austeridade e actuen de inmediato a
prol dunha Europa do traballo, a ecoloxía e a democracia.
Por
outra banda, presentaron a través duns dípticos informativos as
súas propostas para que estes cambios que se solicitan se poidan
levar a cambo. Segundo explicaron dende a Organización estas pasan
por “impostos aos ricos para aumentar os ingresos públicos, loitar
contra os paraísos fiscais, desactivar a bomba de reloxería do paro
mozo, máis e mellores traballos a través de reducións na xornada
laboral, invertir masivamente no aforro enerxético e nas enerxías
anovables, protexer aos traballadores/as de Europa, asegurar a
independencia dos Estados, introducir unha taxa financeira do 0,1%
para limitar o poder dos mercados internacionais e facer unha Europa
democrática.”
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “a
mocidade europea soporta completamente os custos da crise. Estamos na
primeira liña ante o desemprego, a precariedade laboral, así como a
progresiva privatización dos nosos sistemas de benestar e redes de
protección social. Estamos sometidos a uns gastos de vivenda
inasumibles e, porén, a perda de autonomía dunha xeración, que se
ve obrigada a vivir cos seus pais.”
Bouza
continuou expoñendo que “ esta situación é consecuencia directa
das políticas de austeridade e do desmantelamento do noso Estado de
benestar, imposta polos conservadores e liberais en Europa,
privándonos do noso futuro”
Os
mozos/as socialistas estan convencidos de que “a prioridade en
Europa debe ser a loita contra o desemprego, a preservación dun
alto nivel de benstar e a diminución das emisións de gases de
efecto invernadoiro.” “A democracia e a vontade dos cidadáns
europeos – continuaron- deben pesar máis que as decisión dos
mercados financeiros e as axencias de cualificación”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario