As
Xuventudes Socialistas de Ferrol cualificaron hoxe de “malas artes
parlamentarias” a decisión do PP de evitar que a proposición de
lei sobre desafiuzamentos se vexa a semana entrante no Congreso.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “é unha
burla ao Congreso que o Goberno diga agora que non estudou ben a
proposición do PSOE sobre os desafiuzamentos, unha deslealdade
institucional e unha falta de sensibilidade coa cidadanía”.
“É
evidente – engadiu- que o PP e o Goberno prefiren aplicar o seu
rodillo parlamenterio antes que solucionar os problemas da cidadanía,
como é evidente que pretenden trasladar un debate, impedindo que se
celebre a semana que vén, porque lles resulta incómodo e porque son
incapaces de priorizar os intereses do país sobre os seus propios”.
Os
mozos/as socialistas aseguraron que “a actitude do PP semente
dúbidas sobre a súa intención de solucionar un problema do día a
día, da España real, dado que prefiren darlle prioridade a un
decreto que non soluciona nada, que dá titulares nas noticias
durante dous días, pero non evita os desafiuzamentos, que é o
verdadeiro problema”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol concluíu que “está claro que o
Goberno e o Partido Popular perderon as rendas do país, e só
aspiran xa a evitar que as proposicións da oposición cheguen máis
lonxe parlamentariamente evidenciando a falta de solucións de Rajoy
e os seus ministros”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario