As
Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiu hoxe ao Goberno que
recapacite sobre a medida mediante a que se pretende ofertar permisos
de residencia aos estranxeiros que compren unha casa por máis de
160.000 euros dado que a adoptou sen contar cos colectivos de
inmigrantes e demostrando un total descoñecemento da realidade da
inmigración no noso país.
Para
o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta frívolo,
ademais de profundamente inxusto, que o Goberno mercantilice o acceso
á residencia no noso país”.
“O
que debe facer o Executivo -engadiu- é promover políticas de axuda
aos inmigrantes que, tendo colaborado coa economía española en
época de bonanza, atópanse agora no mesmo contexto de crise
económica que os nacionais españois. A eles tamén lles afecta o
paro e os retallos como parte que son da sociedade, pero semella que
o Goberno só o ten en conta como parte dunha estadística”.
Os
mozos/as socialistas engadiron que “introducir unha relación entre
a residencia no noso país e a propiedade dunha casa é unha medida
que non responde á realidade da inmigración por canto quen precisa
un permiso de residencia, e moitos de quenes xa o teñen, non
dispoñen de 160.000 euros para a compra da vivenda”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol preguntouse “se o Goberno pensou na
porta aberta que está dándolle ás mafias da inmigración ao
darlles unha oportunidade clara de acceso ao mercado inmobiliario, o
que supón unha tremenda irresponsabilidade ademais dunha enorme
inxustiza na que quenes máis van a sufrir son os propios
inmigrantes”.
“Unha
vez máis – aseguraron dende a Organización- o PP demostra a súa
falta de seriedade en políticas migratorias: con Aznar fixeron unha
reforma da Lei de Estranxeiría que era abertamente inconstitucional,
foron incapaces durante anos de reducir a economía sumerxida
asociada á migración, e agora volven a non entender as demandas das
persoas inmigrantes”.
Como
conclusión, esixiron ao Executivo “que se sente coas Organización
que representan aos diferentes colectivos de inmigrantes, que analice
a realidade destes e que dea resposta sensatas e, ao menos, algo
meditadas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario