As Xuventudes Socialistas de Ferrol decláranse aterradas ante a desmantelación
do sistema sanitario: “A Xunta privatiza os servicios que consideran máis
rentables para beneficiar a determinadas empresas privadas, xa o feito de por
prezo á sanidade é perverso e non fai máis que demostrar o que é a ideoloxía de
dereitas: un sistema no que o que poda que pague e o que non que morra” .
“Estaremos alí, defendenso a nosa sanidade porque xa está ben de facer
negocio cos nosos dereitos” declarou a Secretaria Xeral, Ana Lamas.
Os mozos e mozas socialistas alertan de que ísto non é máis que un plan a
medio plazo: “Primeiro privatizan os servizos máis rentables e golosos para ás
empresas, pero non só para beneficialas, senón para decir máis adiante que o
sistema público non é rentable, e así ter a excusa para a privatización. Desta
maneira van abonando o terreo para construir a sociedade na que cree o partido
popular”
As Xuventudes Socialistas alertan que a sociedade non pasará por alto o
engano e animan a loitar por que non nos rouben un dos dereitos que deben ser
máis intocable: o da saúde.
“Neste momento, no que parece que só podemos analizar as cousas en base os
beneficios económicos temos que defender máis que nunca aqueles asuntos que
deberían estar fora dos balances, porque decidir sobre a saúde e sobre a vida
en criterios económicos non o fai ninguna persoa con un mínimo de humanidade”
apunta a organización, o mesmo tempo que recorda que “as políticas liberales
que só ven criterios económicos e que defende o PP como bálsamo para todo, non
é máis que o mesmo problema que produxo a difícil situación que hoxe en día
vivimos neste país: o enriquecimento duns poucos sacrificando á maioría”
A organización xuvenil estará entón na mobilización de hoxe, 10 de
Decembro, na Plaza de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario