“Non
existe un só centro municipal que abra os fines de semana ou que adapten o seu
horario aos calendarios de exames”
“Preocúpanos
que o Ferrol de Rey Varela non sexa capaz nin de proporcionar unha mesa e unha
cadeira aos estudantes”
“É
incrible que na situación actual, na que os mozos e mozas de Ferrol se enfrontan
a uns índices de paro abominables, nin sequera teñan un espazo municipal onde
estudar para mellora-la súa formación”
As Xuventudes Socialistas
denunciaron onte a súa desconformidade cos horarios das bibliotecas municipais
de Ferrol, xa que non existe un só centro municipal que abra os fines de semana
ou que adapten o seu horario aos calendarios de exames. “Preocúpanos que o Ferrol de Rey Varela non sexa capaz nin de
proporcionar unha mesa e unha cadeira aos estudantes” declarou a súa
Secretaria Xeral, Ana Lamas.
Para os mozas e mozos
socialistas o goberno local “descánsase” das súas obrigas ao existir centros da
Universidade da Coruña que si adaptan o horario ao calendario de exames e que
mesmo abren os fines de semana, o cal non soluciona o problema xa que, como
recordan os socialistas, a Universidade da prioridade aos matriculados na
UDC: “A
pasada semana moitos ferroláns e ferrolás tiveron que saír da aula de estudo ao
non estar matriculados na Universidade da Coruña”.
As Xuventudes Socialistas
consideran que o goberno local debe garantir un espazo adaptado ás necesidades
de tódolos estudantes de Ferrol, e consideran aberrante que un mozo que, por
exemplo, se atope na súa etapa de instituto, non teña onde ir un sábado a
estudar. Así mesmo recordan que deficiencias coma esta nos servizos públicos
fan que Ferrol sexa unha cidade pouco atractiva para os estudantes de fóra.
“É
incrible que na situación actual, na que os mozos e mozas de Ferrol se enfrontan
a uns índices de paro abominables, nin sequera teñan un espazo municipal onde
estudar para mellorar a súa formación” apuntan dende a organización xuvenil.
Por todo isto, Xuventudes
Socialistas de Ferrol reclama horarios máis amplos das bibliotecas
municipais, incluíndo por suposto o
horario nocturno e a súa apertura os fines de semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario