“De ocorrer unha traxedia, como estivo a punto de acontecer onte, o único responsable sería o goberno municipal do PP que expón ós seus cidadáns a un risco innecesario”
“É un insulto á cidadanía recortar en seguridade alegando falta de cartos cando o Goberno municipal deixou sen gastar 10 millóns de euros do presuposto anterior”
Os mozos e mozas
socialistas esixen que o Concello de Ferrol que manteña o servizo de
socorristas durante a primeira quincena de setembro: “os nosos areais están
cheos estes días e non debemos esquecer que é responsabilidade do goberno local
manter a seguridade nas nosas praias”
As XSG de Ferrol
consideran unha falta de responsabilidade moi grave, máis cando no día de onte
estivo a punto de ocorrer unha desgraza, cando dúas mozas foron rescatadas
grazas a boa vontade de cidadáns anónimos, que non deben de ser os que suplan
as carencias dun Concello que recorta en seguridade: “De ocorrer unha traxedia,
como estivo a punto de acontecer onte, o único responsable sería o goberno
municipal do PP, que expón ós seus cidadáns a un risco innecesario”
“É un insulto á
cidadanía recortar en seguridade alegando falta de cartos cando o Goberno
municipal deixou sen gastar 10 millóns de euros do presuposto anterior” engadiu
a Secretaria Xeral das XSG de
Ferrol, Ana Lamas.
Os mozos e mozas
socialistas o ven como unha mostra máis da mala xestión do goberno municipal,
que non só desatende o servizo de transporte público ós areais senón que non os
dota da seguridade necesaria: “temos a inmensa sorte de ter uns
recursos naturais fantásticos e é lóxico que os cidadáns queiran gozar deles polo
que debemos poñer os recursos necesarios”. Ademais engaden que “é unha mágoa
que os concelleiros do Partido Popular poñan tan pouco en valor a nosas praias”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario