Os mozos e mozas socialistas esixen que o
Concello de Ferrol mellore o servizo de transporte ás praias, o que cualifican
coma escaso: “Durante este verán, un mozo ferrolán que non teña coche de seu
ten moi complicado gozar das praias do noso Concello”
As XSG de Ferrol animan ó Concello de
Ferrol que poña en valor as nosas praias, auténticas xoias, e que faciliten que
os ferroláns e as ferrolás podan gozar delas cun bo servizo público de
transportes, facilitando así mesmo o turismo.
Engaden ademais que é unha cuestión de
responsabilidade e respecto polo medio ambiente o fomentar o uso do transporte
público, minimizando o uso dos vehículos particulares nunhas praias que este
verán viron ata colapsadas as súas zonas de aparcadoiro.
A Secretaria Xeral das XSG de Ferrol, Ana Lamas, engadiu
que non é de estrañar que o transporte ás praias sexa tan deficitario, tendo en
conta a nefasta xestión dos transportes que está a levar a cabo o goberno
municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario