As Xuventudes Socialistas de Ferrol denuncian unha vez
máis a insensibilidade e a insensatez do Goberno de España cando se trata de
referirse á mocidade afectada polo exilio económico. Así reaccionou a
Organización xuvenil tras afirmar Rubén Urosa, director do INJUVE que “me pone
los pelos de punta que se hable de fuga de cerebros cuando lo que hay es
movilidad”.
Para o mozos e mozas socilistas de Ferrol, “as
declaracións de Urosa son especialmente ferintes, posto que o propio directo de
mocidade non é capaz de coñecer e/ou recoñecer a situación de milleiros/as
mozos/as cunha formación excelente que están empregados en posto que requiren
unha cualificación por baixo das súas posibilidades, que firmaron contratos
precarios cuns salarios insultantes.”
A secretaria xeral, Ana Lamas, continuou “falamos de
insensibilidade porque non son capaces de xerar empatía cos cidadáns españois
que abandonaron o seus país, as súa costumes, os seus amigos e a familia para
pescudar unha oportunidade que o Partido Popular non foi capaz de ofrecerlles.
E cremos que é unha insensatez porque a posta en marcha de medidas para
solucionar o problema do exlio económico require dun bo diagnóstico e fica de
manifesto que para o Partido Popular isto é un fenómeno positivo en lugar dun
drama para a maioría de mozos/as que tiveron que marchar por falta de
esperanzas e oportunidades. Sería interesante que o director do INJUVE marchase
unha tempada a Alemania a traballar nun minijob”, setenciou.
Na opinión das Xuventudes Socialistas, “o director do
INJUVE debería coñecer a mobilidade exterior e aproveitar para explicarlla aos
seus cachorros que se dedican a predicar con ese mal exemplo que os dirixentes
do Partido Popular lles dá. Así mesmo, debe explicarlle aos mozos/as españois
as bondades que segundo eles ten este fenómeno.”
Os mozos e mozas socialistas esixiron ao goberno que deixe de negar a
situación e que poña en marcha unha estratexia global para evitar que a
xeración mellor formada deste país abandone toda esperanza de desenvolver o seu
proxecto de vida dentro das nosas fronteiras. Debemos voltar a invertir en
Investigación e Desenvolvemento, recuperar o orzamento para as bolsas, baixar
as taxas universitarias e reforzar como mínimo o plan de garantía xuvenil que,
ademais de chegar tarde, a todas luces ficou corto. Debemos, en definitiva,
tomar as medidas precisas para ofrecer á mocidade deste país unha oferta
formativa e de emprego suficiente e accesible.”
A secretaria xeral conclúe afirmando que “con estas
declaracións de Rubén Urosa, o Goberno de España mófase, unha vez máis, de
centos de milleiros de mozos/as que sufren o exilio económico. Aínda máis
preocupante que a falta de ideas do Goberno do Partido Popular para combater o
desemprego xuvenil e deter o exilio económico é a desidia que mostra o seu
presidente ante estes asuntos de extrema gravidade social, restándolles
importancia e desprezando a desesperación e a dor da mocidade española.”
Así mesmo, os mozos e mozas socialistas esixen ao Sr.
Feijoo que condene estas verbas e inste ao seu partido a cambiar de política
nesta materia, comezando por facelo dende a nosa Comunidade Autónoma, na cal o
presidente da Xunta regálase maletas aos mellores currículos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario