“Os mozos e mozas
de Ferrol non teñen unha biblioteca pública que dea unha cobertura adecuada as
súas necesidades”
“Parécenos
incrible que Rey Varela non se preocupe pola formación dos ferroláns e ferrolás,
nun momento tan crítico coma este”
Denuncian a
hipocrisía do PP, que alá polo 2008 esixía por medio das Novas
Xeracións un horario máis amplo.
Os mozos e mozas socialistas esixen que na
tempada de exames as bibliotecas públicas do noso Concello aumenten o seu
horario, o cal consideran insuficiente: “Os mozos e mozas de Ferrol non teñen
unha biblioteca pública que dea unha cobertura adecuada ás súas necesidades” “Parécenos
incrible que Rey Varela non se preocupe pola formación dos ferroláns e ferrolás,
nun momento tan crítico coma este”.
Na actualidade as bibliotecas públicas
teñen un horario moi limitado e ademais non dan cobertura o fin de semana.
Denuncian que a demanda se suple coas
bibliotecas e aulas de estudio da universidade, pero nas cales teñen
preferencia os matriculados na UDC: “Habitualmente o aulario está cheo e teñen
que marchar todos aqueles que non sexan universitarios da UDC, o Concello
esquece ós mozos e mozas de instituto, ós opositores e ós estudantes de
ensinanzas non universitarias”, “Xa é o que nos faltaba, co alto nivel de paro
mozo do noso concello nin sequera temos sitios en condicións onde mellorar a
nosa formación” declarou a Secretaria Xeral dos mozos socialistas de Ferrol.
A Secretaria Xeral das XSG de Ferrol, Ana Lamas, denunciou
ademais a hipocrisía do Partido Popular, que alá polo 2008 esixía por medio das
Novas Xeracións un horario máis amplo e agora, que moitos e moitas por mor do
paro volven a estudar, non cumpren o que eles mesmos reclamaban, quedando
demostrado que só lles movía conseguir votos: “é vergoñento que reclamaran unha
cousa que agora, estando no goberno en maioría absoluta, nin sequera se
molesten en poñer en marcha. A Rey Varela só lle interesaron os mozos mentres
lle foron útiles para chegar á alcaldía”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario