As Xuventudes
Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse hoxe á mobilización
convocada para este domingo día 27 en Santiago de Compostela pola
Plataforma “Queremos galego” para esixir ao Partido Popular que
remate coas súas iniciativas contra o galego e facilite a
convivencia en Galicia.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol, Aitor Bouza expuxo que “o decretazo contra o galego
conlevou a que o 96% da docencia do ensino infantil das cidades sexa
exclusivamente en castelán pola aplicación dunha norma que rachou
co consenso despois de tantos anos. Esta norma – continuou o
secretario xeral- foi aprobada cun fin unicamente electoralista, xa
que creou un problema que non existía en Galicia e máis cando a
inmensa parte da cidadanía e especialmente o entorno educativo
opuxéronse taxantemente.
Segundo expuxo Bouza,
en Ferrol “asistimos abraiados ao ninguneo
do Consello Sectorial da Lingua (CSL), amordazando a opinión da
sociedade ferrolá ante reiterada negativa dende xa hai máis dun ano
a convocar este Órgano que
segundo o estipulado tense que reunirse
trimestralmente.”
Os mozos/as socialistas
aproveitaron para esixir a
Rey Varela a convocatoria inmediata do Consello
Sectorial da Lingua de Ferrol, co fin de que os axentes sociais da
nosa cidade poidan expor a súa opinión sobre os temas para os que
foi constituído.
As Xuventudes
Socialistas locais salientaron que “dende que
este alcalde chegou ao Executivo non fixo máis que rachar cos
órganos de participación que tiña a
cidadanía da nosa cidade,
comezando por pechar os dous Padroado que existían, seguindo por non
convocar estes Órganos
Consultivos de
participación, como son a maiores do da Lingua o de Medio Ambiente e
o da Muller; e finalizando por non consituír o
Consello da Xuventude de Ferrol, un reclamo que uniu a todas as
organizacións mozas da nosa cidade.”
Dende
a organización xuvenil expuxeron que “a estratexia do PP é a
de recorrer a sentenza contraria ao decretazo contra o galego porque
o único que pretenden é manter vixentes o máximo tempo posible
aspectos que o propio TSXG considerou que van contra o dereito
fundamental ao ensino recollido na nosa Constitución, como pode ser
a famosa consulta aos pais e nais no ensino infantil”.
Finalmente o secretario
xeral local chamou á participación de toda a cidadanía, en xeral e
da mocidade en particular, para participar na manifestación do
vindeiro domingo día 27 para “reclamar á Xunta de Galicia que
exerza as súas funcións traballando polo camiño do consenso da
normalización do noso idioma e non da confrontación como leva
facendo todo este tempo.” Lembrou, así mesmo,
que sairán buses dende toda a comarca que poden
ser consultados na web da Plataforma “Queremos Galego”
(www.queremosgalego.org).
No hay comentarios:
Publicar un comentario