As
Xuventudes Socialistas de Ferrol lamentaron hoxe a actitude hipócrita
das Novas Xeracións e as declaracións da súa presidenta, nas que
acusa á nosa Organización de promover coaccións para que a
conferencia do ministro de educación nun hotel Sevillano non se
chegara a realizar.
Para
as Xuventudes Socialistas de Ferrol, “resulta lamentable que Novas
Xeracións aproveiten a suspensión da conferencia do ministro para
arremeter contra ás Xuventudes Socialistas, cando os seus membros
participaron dunha protesta pacífica sen chegar a acceder ao recinto
da conferencia”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “resulta
paradoxal e profundamente hipócrita que Novas Xeracións diga que
son fascistas quen
acala ao ministro e as mesmas Novas Xeracións garden silencio cando
o ministro afirme publicamente que faría cambios legais sobre a
segregación de alumnos/as por sexo para non cumprir unha sentenza do
Tribunal Supremo”.
“Resulta
completamente deleznable que Novas Xeracións, que estes días non
pasa polo seu mellor momento de imaxe pública, sobre todo no que se
a seguridade vial se refire, dedique o seu tempo a tildar de
fascistas aos demais, e garde un escrupuloso silencio cando o
ministro realiza todas e cada unha das bravuconadas que lle levaron a
ser reprobado por todo o arco parlamentario, agás PP e UPyD”.
Bouza
engadiu que “resulta aínda máis paradoxal que Novas Xeracións
diga que o PSOE non ten futuro, que Novas Xeracións permítase falar
do que custaron as liberdades neste país, pero á vez que Novas
Xeracións lembre a Manuel Fraga no cabodano da súa morte, cando
Fraga nin é futuro nin ten moita relación con ter conseguido
liberdades públicas para ninguén”.
Dende
a Organización concluíron que “este ataque da presidenta de Novas
Xeracións roza o patolóxico, polo que instamos a visitar os
servizos médicas da Junta de Andalucía, que funcionan
perfectamente, non como os de Castilla-La Mancha, aínda que este
feito parece non preocuparlles o máis mínimo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario