As
Xuventudes Socialistas de Ferrol pronunciáronse hoxe sobre a
proposta da CEOE de regular un novo contrato só para mozos/as co SMI
como base salarial.
Para
os mozos/as socialistas, a proposta da patronal “é unha
inmoralidade que pretende agochar unha rebaixa nos custos salariais
na escusa do desemprego xuvenil, é dicir, pretende aproveitarse dun
segmento moi vulnerable da poboación para que as empresas aforren
custos”.
Aitor
Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol remarcou que “unha proposta
así non ten cabida no noso país, pois suporía excluír da
negociación colectiva a unha serie de traballadores/as polo mero
feito de ser mozos/as, como se non debesen ter os mesmos dereitos que
o resto dos traballadores/as, é dicir, estamos ante unha proposta
aberrante, un insulto á intelixencia dos e das mozos/as deste país”.
Para
os mozos/as socialistas “a patronal debería aparcar as súas
ansias de beneficios e máis beneficios e porse a traballar un pouco,
aínda que só sexa un pouco, cos demais axentes sociais por sacar
este país da crise”.
Dende
a Organización pediron á CEOE que “para sucesivas ocasións,
pensen as propostas en termos de dignidade da cidadanía”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario