As Xuventudes
Socialista de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse hoxe á campaña da
Organizción a nivel federal #FueraLeyWert para pedir a retirada da
LOMCE, xa que consideran que segregar aos estudantes nas aulas
mediante reválidas que presenta a reforma é inmoral e racha por
completo a equidade no ensino.
As XSG-Ferrol
consideran que a Lei Wert supón unha completa involución, unha
contrarreforma que nos devolve ao pasado ao imprantar as reválidas,
outorgar maior peso á materia de relixión católica e suprimir
Educación para a Cidadanía.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “Wert trata de aprobar a súa
Lei sen ningún diálogo coa comunidade educativa en contra, e
prefiriu negociar antes o seu proxecto coa Conferencia Episcopal que
cos pais/nais, estudantes e profesorado”.
“A actitude do
ministro – sinalaou Bouza- non é nova no Partido Popular: No 2010,
o goberno socialista, con Ángel Gabilondo como ministro de
Educación, logrou un principio de acordo polo pacto educativo que
foi rachada polo PP por intereses electoralistas, o que demostra que
para a dereita, neste país, o ensino non interesa máis que para
gañar votos e tratar de impor ao conxunto da cidadanía os valores
que lles manda a Conferencia Espiscopal”.
Dende a organización
afirmaron que “os mozos/as socialistas consideramos ademais que a
Lei Wert e os retallos en educación realizados polo Goberno rachan
por completo o principio de igualdade de oportunidades que debe
imperar no ensino público e supón desmontar dun plumazo décadas de
consolidación do ensino público como principal instrumento de
cohesión social”.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol concluíu que “os socialistas cremos nun ensino
integrador capaz de forma cidadáns e cidadás iguais, polo que nos
opoñemos rotundamente a unha reforma educativa que só pescuda que
os alumnos/as superen reválidas.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario