As Xuventudes
Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) realizaron hoxe, co motivo do Día
Internacional dos Dereitos Humanos, un chamamento para que o noso
país volva a porse na cabeza entre os países garantes do seu
cumprimento en todo o mundo.
Para o secretario xeral
das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “a vulneración dos Dereitos Humanos
debe ter unha resposta contundente por parte da Comunidade
Internacional tanto con esforzos diplomáticos, con misións que
aseguren o seu cumprimento, como tamén con esforzos en axuda ao
desenvolvemento”.
Para Bouza, “a
especulación financiera levou a numerosos conflitos armados tanto
por materias primas de primeira orde como por materiais básicos para
tecnoloxías, e é aquí onde se producen violancións fraglantes nas
que a poboación civil ve vulnerados até límites intolerables os
dereitos máis básicos”.
“Porén
– engadiron dende a Organización- debemos implicar á Comunidade
Internacional para tecer redes de comercio xusto, para elevar os
controis das circunstancias de produción de moitos produtos, para
incrementar os esforzos de cooperación ao desenvolvemento e para
xerar aínda máis, se cabe, sobre a situación de determinados
colectivos que se haxan nunha situación de absoluta exclusón no
respecto á súa esfera de dereitos: infancia, mulleres, anciáns...”
Os mozos/as socialistas
concluíron que “España non deben retroceder nos avances
realizados en materia de cooperación: o discurso ultraconservador
segundo o cal non podemos nin debemos ter cooperación exterior se
hai xente que o pasa mal dentro das nosas fronteiras é un discurso
tan erróneo como inxusto e intenta inculcar uns valores de
individualismo contra os que Xuventudes Socialistas vai a loitar, xa
que consideramos que a nosa prioridade é atallar a pobreza e a
exclusión social, como elementos do substracto da violación dos
dereitos humanos, en calquera sitio, en España e no exterior”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario