As
Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) aseguraron hoxe que “o
espírito de acordo xerado sobre o texto constitucional en 1978
lévanos hoxe a ver como precisas reformas no articulado, a fin de
reforzar preceptos para os que a crise económica descubriu fisuras
que poñen en risco a cohesión social no marco do Estado Social e
Democrático de Dereito”.
Para
o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “as ameazas que se
cernen sobre dereitos fundamentais como a tutela xudicial efectiva ou
o ensino, sobre dereitos de índole socioeconómica como a sanidade
ou as pensións, ou sobre a pluralidade política nos medios de
comunicación públicos lévannos a afirmar que unha reforma do texto
constitucional é prioritaria para a boa saúde do clima de consenso
xerado en 1978, e para o mantemento da cohesión social.
Para
os mozos/as socialistas, “precísase dun pacto xeralizado de modo
que a Constitución recolla as necesidades tanto da cidadanía que en
1978 puido votar o texto como de quen naceu con posterioridade”.
O
secretario xeral destacou que “precisamos unha Constitución que
sinale a nosa realidade no marco da UE, que incorpore unha cidadanía
máis plena, que avance no modelo federal, que asegura a separación
do Estado e as relixións, ou que recolla a morte digna como un
dereito fundamental”. “A recente sentenza do Tribunal
Constitucional sobre o matrimonio igualitario – engadiu- asegura
que inclusive o propio Tribunal é coñecedor e partícipe da
necesaria adecuación aos nosos días do texto.”
“Dende
Xuventudes Socialistas – concluíron- imos a traballar por xerar un
novo consenso entre a nosa xeración e as precedentes, para dotarnos
dun texto constitucional que asegure as mesmas cotas de progreso que
tivo o noso país dende o fin da Ditadura e a elaboración do actual
texto até os nosos días.”
O
video editado polas Xuventudes Socialistas pode verse en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario