As
Xuventudes Socialistas de Ferrol criticaron hoxe, co motivo do Día
Internacional das Persoas con Discapacidade, as políticas de retallo
aplicadas polo Goberno do Partido Popular nesta materia que están a
deixar a miles de persoas sen a atención e as axudas que precisan
para o seu desenvolvemento vital.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegurou que “o
retallo do 14,4% nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013 e a
demolición da Lei de Dependencia, demostran que o Partido Popular e
Mariano Rajoy non teñen ningunha sensibilidade social, que lle
importan moi pouco as persoas afectadas polos retallos, e impórtalles
aínda menos, que sexan as persoas máis vulnerables ante a a actual
situación económica.
Bouza
asegurou que “o ataque do Goberno ás persoas con discapacidade,
con redución de prestacións para eles e de dereitos para as persoas
coidadoras, denota a cegueira da dereita nesta crise: en lugar de
pensar que a discapacidade é unha oportunidade para implantar
melloras sociais e dereitos, o PP fai delo un gasto, un número frío
nos orzamentos, e non ve os proxectos de vida que está facendo aínda
máis difíciles”.
Neste
senso, dende a Organización denunciaron tamén a demolición da Lei
de Dependencia tralo decreto-lei aprobado polo Goberno en xullo, e
aseguraron que “unha lei que permitía a 771.000 persoas e que tiña
creado 248.000 empregos en cinco anos, non pode ser inviable como di
o PP”.
“Trátase-
continuou o secretario xeral- dun retallo completamente ideolóxico,
inxustificable dende o punto de vista moral, insolidario e que non só
non levará a resultados economicamente bos, senón que empeorará a
situación do noso país”.
“Os
mozos/as socialistas – concluíron- anovamos hoxe, Día
Internacional das Persoas con Discapacidade, o noso compromiso pola
igualdade, por unha vida digna para as persoas discapacitadas; como
renovamos tamén o noso apoio ás organizacións e colectivos que
defenden os seus intereses e aos que nos sumamos para que ninguén
fique atrás”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario