As
Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron ao goberno, con motivo do
Día Mundial da loita contra o SIDA, que retome a aposta pola loita
contra o VIH cun orzamento adecuado e suficiente.
Para
Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “o Partido Popular e
o Goberno de Mariano Rajoy trabúcanse tanto se antepoñen calquera
prexuízo moral na loita contra o VIH como se pensan que a epidemia
está controlada e deben verse reducidos os fondos para loitar contra
elas”.
En
opinión de Bouza, “o noso país debe ser un exemplo na loita
contra a infección e no apoio das persoas que a padecen. Non é
tolerable que os fondos da loita contra o VIH se vexan mermados
supostamente pola crise económica, porque os prexuízos derivados
desa merma de financiamento si van a ser unha verdadeira crise, no
plan humano e social.
“Pero
se ademais esa redución de fondos agochase un prexuízo ideolóxico
– aseguraron dende a organización- o feito sería gravísimo: non
só teríamo unha mala medida económica senón a confirmación de
que dende a dereita se atepoñen os propios dogmas ao interese xeral
e a certeza científica”.
Os
mozos/as socialistas animaron aos mozos/as “a non relaxarse na
loita diaria contra o SIDA, unha loita na que avanzamos moito terreo
coa información, co ensino, coa prevención e con emprego de métodos
para evitar o contaxio, coa supresión de prexuízos e
desenmascarando dogmas anacrónicos sen ningún tipo de rigor”.
“O
preservativo foi, é e será un dos medios principais para evitar
contaxios e para ter unhas relacións sexuais con plena seguridade e
as Xuventudes Socialistas de Ferrol van a seguir remarcando esta
mensaxe porque segue sendo preciso facelo, como o primeiro día,
tanto entre a poboación moza como entre a sociedade en xeral”.
A
organización comezou unha campaña no día de hoxe a través das
redes sociais que consiste na difusión do cartel preparado para este
Día de Loita Contra o SIDA, pola que pretende concienciar á
mocidade en particular e á cidadanía en xeral para que non se
esquezan de que este problema segue existindo e non podemos
esquecelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario